luns, 24 de setembro de 2007

Elementos


Ola de novo a tod@s, xa votaba de menos escribir no blog. Hoxe, logo de duas semanas de vacacións (bueno, mellor dito a unha semana porque a primeira foi de moito curro debido a Comisión) volto a escribir e como o prometido é deuda eiquí vos deixo a primeira foto das Festas dos Dolores 2007.


Trátase dos 7 magníficos, 5 membros da Comisión (todos agás Manolo que non estaba nese intre) Tonhito de Poi e o batería do grupo Tonecho (xefe da Discoteca Gabbana de Compostela)


De esquerda a dereita e de pé: Javi, Eu, Pazitos, Tonhito de Poi e Pablo.

Agachados de esquerda a dereita: Tonecho e Li.


A foto non ten desperdicio, A Banda de Poi tanto lle gustou Sobrado que se quedaron ata venres pola tarde, e se non chega a ser que Tonhito tiña que ir de xurado a "Luar" aínda se quedarían para a noite a ver a América e Marbella.


Fliparon coa festa que había e aínda flipamos máis nos cando Tonhito de Poi se puxo de camareiro no bar do equipo de fútbol a eso das 05:30 horas e a facer de Dj. A peña dicíalle: "Tonhito ponme un Barceló con coca cola, Tonhito ponme un 100 pipers cola, Tonhito unha Estrella..." e él atendendo o persoal coma se nada. UN FENÓMENO.


Por certo, prometeron voltar a Sobrado...


Xa vos farei un resumo do que foron as festas, xa vos adianto que solventamos os problemas económicos e grazas a Deus non hai débedas (que xa é importante).


Nada máis, estes días poñerei un lote de fotos que saquei nestos 4 días de auténtico show.


Bicos e abrazos.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Tendo en conta a hora que era estades todos moi ben, pero Pazitos debia estar moi perxudicado!! jajaja...

Anónimo dixo...

Hombre Latuzas outra vez por aquí!!!!Felicidades polas festazas; pero escoitei rumores de que a xente acabara toda ALAKARADA,jejeje..!Desde aquí ánimo a nova comichón.

Anónimo dixo...

Intúo que as festas dos Dolores foron unhas festazas non si?

Alégrome de que non teñades débedas, que iso xa é bo sinal jeje. Creo que quedar empeñados é o peor que lle pode pasar a unha comisión, despois de tantos esforzos para facer as festas.

Que mito o Tonhito non? Non o imaginaba de camareiro jeje quen me dera velo!!

Saúdos!!

Unknown dixo...

-Anónimo: digamos que a cara de Pazitos ten unha expresión un pouco rara, estilo Ortega y Pacheco, non quero dicir máis... je je je.
-Álvaro: grazas polas felicitacións sen a axuda de todos vos estas festas non serían posibles. A verdade é que o domingo na sesión vermú puiden ver algunha persoa A-LA-KA-RA-DA pero non puiden averiguar a que era debido. Comparto contigo o ánimo para a Comisión 2008.
-Vero: a verdade é que foron unhas auténticas festazas. "Empreñar" non "empreñamos" pero a algún o domingo pola noite todo lle facía falla, je je. -É broma-.
Tonhito é un tio de pinga, en serio, non se ten nada creido o da tele, o tío alucinaba con nós, non me extraña, e que xa o di a miña cabeceira do blog: SOBRADO SITIO DISTINTO.

Saudos

Anónimo dixo...

jajaja mellor que non "empreñárades"...non tentedes a sorte non vaia ser...jejeje

Unknown dixo...

Ya te digo!!!!!


Je je je

Anónimo dixo...

jajaja. Con este tipo de comentarios é cando me acordo do foro sinsueno, que segue "escangallado"... a de burradas destas que dicíamos alí, mi madriña querida!!

Unknown dixo...

Si era boísimo! o apartado de chistes e estas historias estaba moi ben.

Imos ter que chamar a un mecánico a ver se arranxa o problema porque xa leva uns meses...

En fin, que lle imos facer...

Anónimo dixo...

O de chistes e o resto!! Ao final ívasenos a olla en todos os temas jaja.

Onte díxome un amigo común de Mazapán e meu que está en proceso de amañalo...se os vexo este finde e me acordo xa lle preguntarei, porque a verdade é que o boto de menos, era un respiro diario que tiña para botarme unhas risas con vós e molaría que o amañara axiña.

Unknown dixo...

Boa nova, si señor, oxala o arranxen axiña.

Saudos