venres, 31 de agosto de 2007

Vai por ti, Antonio


Como ben sabedes, Antonio Puerta, xogador do Sevilla Fútbol Club faleceu o pasado 28 de agosto logo de non superar as doenzas cardíacas que lle comezaron a afectar no transcurso da primeira xornada de este curso 2007/2008 no que enfrontaba o equipo de Nervión fronte o Getafe Club de Fútbol.


Dende o meu blog querolle rendir unha pequena homenaxe a este enorme futbolista e según din os seus achegados tamén "crack" coma persona.


Cando comecei a saber de Puerta foi na tempada 2004/2005, un zurdo descarado con moi bo manexo de balón comezaba a corretear pola banda esquerda do Pizjuán. Nun primeiro momento eu pensaba que era interior ata que me din conta que realmente a súa posición natural era lateral esquerdo pero que se adaptaba polas súas características perfectamente a posicións máis avanzadas.

Unha xogada que define con exactitude a clase futbolística que tiña Antonio foi coa que nos deleitou a tod@s na final da Supercopa de Europa o ano pasado fronte o Fútbol Club Barcelona na que nun xogadón memorable foise de toda a defensa blaugrana logo de pisar a pelota, caño e autopase incluido e na que tan só a man de Víctor Valdes evitou que Puerta marcase un dos mellores goles da historia do fútbol.

O gol máis importante da súa carreira futbolística marcouno en semifinais da Copa da Uefa fronte o Schalke 04 no minuto 10 da prórroga e que estos días as televisións cansaronse de repetir: centro de Jesús Navas dende a banda dereita, o balón bota dúas veces ata chegar o lado esquerdo do campo onde Puerta engatilla unha volea co exterior da súa "zurda de diamante" o balón que leva rosca pega no pao e entra na portería do alemán Rost. Ese gol metería na final o Sevilla FC na que lle gañaría o Middlesbrough inglés.

Xogador que xa debutara coa Selección Absoluta de fútbol con 20 anos, tiña un futuro prometedor e ameazaba con ser un dos mellores laterais (ou interiores) do mundo. De feito R. Madrid ou Manchester United xa preguntaran por él. Pero Antonio sentía as cores do Sevilla moi adentro e renovou por 5 anos non facendo caso dos cantos de serea dos grandes de Europa e quedandose no único equipo da súa vida: o Sevilla F.C.


Por desgraza, Antonio que ía a ser pai no vindeiro mes, non poderá coñecer o seu fillo: Aitor (púxolle o nome en honor de Aitor Ocio, ex-sevillista e actual xogador do Athletic de Bilbao). Cando lle falen do seu pai a Aitor diranlle que Puerta foi un dos grandes do fútbol neste país, que con tan só 22 anos acadou 5 títulos (3 europeos e 2 nacionais), que foi artífice do gol máis importante na historia do Sevilla F.C. (o da semifinal fronte o Schalke 04) e que a humildade que amosou sempre este futbolista (nada que ver co díscolos que son a maioría dos astros do balón) fixoo chegar o máis alto.


Agora Deus fichouno para o seu equipo e seguro que a banda esquerda do ceo ten nome propio: Antonio José Puerta Pérez.


Sorte Antonio.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Bueno, desde logo o deste rapaz foi unha desgracia. Parece mentira que estas cousas lles pasen aos futbolistas, coa chea de controis que pasan e probas que lles fan...pff...pobre rapaz.

Eu tamén escoitara que lle ían chamar Aitor ao seu fillo, pero parece ser que agora lle van chamar Antonio na honra de seu pai.

Unknown dixo...

Eu tampoco logro entender como no século XXI aínda non se dan achado a tempo este tipo de doenzas, e máis en deportistas de élite que soportan un e mil controis día tras días. Non sei...

Polo que respeta o nome tes razón, parece que o final chamarase coma o seu pai, polo tanto haberá un novo Antonio Puerta, ogalla nun futuro sexa un futbolista tan bon coma o foi seu pai.

Saudos

Anónimo dixo...

É que me parece flipante totalmente que aínda pasen estas cousas, eu non digo que fose neglixencia médica ou algo similar, pero desde logo normal de todo non me parece... e polo que lin nun xornal, xa non era a primeira vez que sufría ese tipo de mareos, así que non sei se é que non lles daban importancia, ou non lle fixeron as probas necesarias ou qué. Estas cousas sempre son duras, tristes e traumáticas, pero nun rapaz de 22 anos é un pao moi grande.

No que dis do seu fillo, ogallá sexa como ti dis, e nas filas do Sevilla haxa dentro duns anos un novo Antonio Puerta que faga recordar aínda máis a seu pai. Antonio Puerta Jr.

Biquiños.

Unknown dixo...

É certo o dos mareos. O propio Kepa Blanco (actual xogador do Getafe C.F. e ex-sevillista) dicía o día anterior a súa morte que o ano pasado nun amistoso fronte o Badaxoz baixando as escaleiras do túnel dos vestiarios Antonio sufriu mareos. Fai mes e medio recordo que lin no Marca que sufrira un desvanecemento "sen importancia" nun adestramento, en fin... se sofres mareos cada X tempo é que algo non marcha ben e hai que intentar saber a que pode ser debido. Ogalla esta mala experiencia sirva para que se intente evitar (na medida do posible) mortes coma a de este rapaz na flor da vida, cun futuro prometedor tanto a nivel persoal coma futbolístico e que se truncou en cuestión de horas.

Polo que respecta o fillo con que xogue a metade do que o facía o seu pai seguro que se poderá adicar o fútbol profesional. Antonio era un auténtico crack e os grandes clubes europeos sabiano.

Saudos

Anónimo dixo...

Eu se che digo toda a verdade, non sabía quen era este rapaz hasta que se desmaiou no partido. Vamos, que me enterei de quen era cando morreu prácticamente. Fai uns anos sí que me terían enterado de que marcou o golazo que lle cambiou a vida ó Sevilla e aos sevillistas, pero agora xa non son tan fotboleira e non estaba eu tan enterada diso. Así que eu non me lamento pola perda dun grande futbolista (que tamén), senón pola perda dun rapaz tan novo, na flor da vida como dis ti, con tanto por vivir, que nin abrir e fechar de ollos, adiós!! Eu cada vez que penso que só tiña un ano máis que min póñome mal, tan novo... buff...

Unknown dixo...

É certo iso, xa non é perder o futbolista en sí senón perder a persoa. Alguén xove o que o éxito facía pouco que lle entrara pola porta e que tiña diferentes proxectos mois ilusioantes entorno a él.
Pero que lle imos a facer, a vida é así de caprichosa.
Como eu digo sempre: "hai que disfrutar mentres se poida, a vida hai que disfrutala o máximo na medida do posible e non merece a pena amargarse nin enfadarse porque e demasiado curta coma para pasar malos ratos"

Así que a disfrutar!!!

Anónimo dixo...

Totalmente dacordo contigo. Como din os vellos nestes casos, "non somos nada"!! E teñen razón, se o pensas ben a vida é moi curta e non é para pasala penando.Así que iso, a disfrutar!! A vivir sen malos rollos que non levan a ningún lado.

Un bico.