venres, 10 de agosto de 2007

R.C.Deportivo, CAMPIÓN POR 8ª VEZ SEGUIDA


Unha vez máis e como ven sendo tónica xeral nos últimos anos o Real Club Deportivo de A Coruña volveu a conquistar un dos trofeos con máis soleira do verán: o Teresa Herrera.


Como non podía ser de outra maneira a víctima na final foi o novo R. Madrid de Bernd Schuster. Un Real Madrid que da igual que cambie de adestrador, de presidente ou de xogadores, cada vez que ven a Riazor claudica fronte a escadra branquiazul.


Do partido de onte quédome con varios detalles, o que máis me aleda é que parece que Riki volta a ser un xogador de fútbol e non un alma en pena como parecía o ano pasado.

O mexicano Andrés Guardado supón unha bocanada de aire fresco para o plantel deportivista, un plantel algo escaso de xenios nas últimas tempadas e que parece que con "O Principiño" a Riazor voltará o gusto polo bon fútbol (se o "mago" Juan Carlos Valerón se dese recuperado xa sería a repanocha).

A liña defensiva parece que voltará a ser coma nos últimos anos a liña máis forte, cunha parella de centrais (Coloccini e Lopo) do mellor da Liga de Fútbol Profesional.

A portería con Aouate está ben cuberta aínda que onte Munúa non fixo mal partido.

Agora falta algunhas posicións para cerrar o plantel, a que máis urxe é a de lateral esquerdo, con tan só un home para esa demarcación ata o de agora: Filipe Luis, de ahí que o novo adestrador Miguel Ángel Lotina esté a probar a Manuel Pablo nesa banda. O canario xa xogara nesa demarcación no seu antigo equipo a U.D. Las Palmas.

Soaron, soan e soarán alguns xogadores para o clube herculino pero de momento hai que esperar a que apareza un "mirlo branco" (que diría Lendoiro).


Así pois o cadro do LXII Trofeo Teresa Herrera queda como segue:


CAMPIÓN: R.C. Deportivo A Coruña (Galicia)

Subcampión: R. Madrid (España)

3º Clasificado: Os Belenenses (Portugal)

4º Clasificado: Atalanta Bergamo (Italia)


O Deportivo amplía as súas vitrinas con outro Teresa Herrera máis no peto, actualmente o Real Club Deportivo é o clube que máis Teresa Herrera posue con 15, séguelle o R. Madrid con 8, xa por detrás están equipos coma F.C. Barcelona, Atlético de Madrid, A.C. Milan, Benfica ou oPSV Eindhoven.


Nada máis, penso que o R. Madrid excusa vir a Riazor xogar porque o resultado xa o sabe, polo tanto que aforren os cartiños do hotel e a viaxe de avión que co que pagaron por Pepe (30 millons €), Drenthe (14 millóns €) e o que van pagar por Robben (máis de 30 millóns €) hai que apretarse o cinto.


Forza Depor


P.D: post adicado a Noemí e ó seu madridismo.

15 comentarios:

ToquesCF dixo...

Decir q o madrid está encantado por venir a xogar o torneo, xa q gana mais de 2 millós de €. un saudo

Anónimo dixo...

decirlle o madridista este que pa cando veñan na tempada poden vir amiña casa polo super55 de meu abuelo pa leva los goles pa madri,xa conduce o pepe ese que ten cara de controlar de tratores.firmado alberto de minas.A falando doutra cousa quero darlle as grazas publicamente a manolito o maestro pola sua gran obra social

ToquesCF dixo...

oxalá coloccini non se marche do depor, fai falta experiencia nunha plantilla tan nova

Anónimo dixo...

Fíxome gracia o detalle que pos na clasificación:
Campión: Deportivo de A Coruña (GALICIA).
Subcampión: Real Madrid (ESPAÑA).

Ai luejo que es, que los jallejos no somos españoles o que??

jajaja moi boa!!

Un saudiño e FORZA DEPOR!!

ToquesCF dixo...

Vicotr esperemos verte o 15 de agosto no municipal toquense para a festa do socio, principlamente prea churrascada, facer valer os cartos q gastaches pra facerte socio do toques, unha aperta

Unknown dixo...

Por partes:

-Alberto de Minas: dende aquí corroborar as tuas verbas da Obra Social (donativo) feito por Manolito a sociedade sobradesa. De seguro que máis de un o agradecerá eternamente.

- Toques C.F: vaime ser difícil poder estar o día 15 en Toques pois ando moi liado coa revista da Comisión de Festas e coa Feira da Troita (é unha época moi chunga), de tódolos xeitos grazas.

- Vero: Galicia Sitio Distinto, "estamos en Guerra, pero hai que Reflexionar", o dito, AGORA MÁIS QUE NUNCA, DEPOR CAMPEÓN, AGORA MÁIS QUE NUNCA DEPOR CAMPEÓN LA LA LALA, LALALALALALÁ LA LA, DEPOR CAMPEÓN.

Je je je

Anónimo dixo...

jeje e tan distinto!! Galicia is diferent!!

A ver se este ano o Dépor é campión de algo máis que do Teresa Herrera, que está moi ben, pero non deixa de ser un torneo de verán...se aínda fose a Liga ou a Copa... pero bueno, tempo ao tempo, a final de temporada faremos o balance jeje.

Saúdos!!

P.D.: o foro sinsueno segue morto non?

Anónimo dixo...

hoxe cando viña traballar quedaban as troitas votandose do rio supoño que sera pa ir collendo sitio nos bares.
eu para ser feliz quero un camion

Anónimo dixo...

tu madre no lo dice no pero me mira mal quien es ese chico tan raro con el que vas

Unknown dixo...

-Vero, difícil gañar un título, "outros" equipos con mellor plantel (a priori) ca o noso están na 2ª División. Hai que disfrutar do que temos e que nos quiten o bailado.
-Anónimo, xa andan as Troitas coas hormónas revolucionadas para a fin de semana? je je je. Ben, ben, que se vaian poñendo a tono que van quedar "fritas".

"Apoyados en la barra de un bar,
bebiendo para olvidar,
sin cesar de hablar de las mujeres que dejamos de amar.
Somos duros de pelar,
defendemos nuestra integridad,
podríamos convertir tus sueños en realidad.
Nos critican por delante,
nos subastan por detrás,
es la envidia de este mundo,
que nos quiere aniquilar,
que nos quiere aniquilar".

Xa estou desexando que cheguen os concertos.

Anónimo dixo...

O do título está difícil, está...
Pero bueno, cousas máis raras se viron non?
De todas formas, tes razón, mellor disfrutar do que hai que a avaricia rompe o saco!!

Saúdos a ti e ás troitas, que ten pinta de que por eses lares son moi festeiras jeje (máis festeiros son os troiteiros creo...) ;-)

Unknown dixo...

Si, je je, tanto as troitas coma os troiteiros sonche ben festeiros.

En canto o Depor, coidado que pode ser o equipo sorpresa de esta tempada e meterse en zona Uefa, sen quitarlle ollo claro esta a Copa do Rey que non se nos da nada mal.

"No hables de futuro es una ilusión cuando el Rock and Roll conquistó mi corazón".

Que viene, que viene...

Unknown dixo...

"Tanto as troitas coma os troiteiros sonche ben festeiros"

Coño, he echo un pareado y no me he enterado!!!

je je je

Anónimo dixo...

Chico, estás feito un poeta eh!! jejeje


O do Dépor, eu confío en que este ano lle vaia ben na copa polo menos, que como ti dis, non se lle da nada mal. A ver se este ano nos dan unha alegría, que xa levamos dúas temporadas polo menos sufrindo... ou se non sufrindo, disfrutando moito moito tampouco...

Este pode ser un grande ano para o deportivismo!!

Un saudiño.

Anónimo dixo...

selecciongalega.blogspot.com
Este é o blog da seleccion donde todos podedes participar.