venres, 31 de agosto de 2007

A hora da verdade


Estamos a dúas semanas para estar inmersos na Festa dos Dolores 2007.


Chega a época de nervos e de traballo extra para os meus compañeiros de Comisión e para min.


A dicir verdade, quédanos o máis importante aínda por facer que é coordinar todo de xeito que a festa sexa do agrado da maioría da xente (evidentemente o gusto de tod@s xamáis vai estar).


Estes son algunhas das arduas tarefas que nos quedan por facer:


- Repartir as revistas das festas en tempo record cando a imprenta nolas entregue.

- Pedir por todo o pobo.

- Medir, calcular e milimetrar a ver onde carallo imos meter o esceario de dimensións estratosféricas da orquestra Panorama.

- Levarlle os ovos a Santa Clara para que non chova.

-Intentar que os das atraccións de feira non se pelexen polos sitios (por que xa levan 2 meses dándonos a tabarra).

- Pregar a Deus que non nos chova (por favor).

- Seleccioar a nova Comisión 2008 (unha que sepamos que vai facer a festa).


E a máis importante:


- ENCONTRARLLE A ESPADA A PIRULO QUE PAZITOS LLE PERDEU NA SÚA VODA.


Saudos

Vai por ti, Antonio


Como ben sabedes, Antonio Puerta, xogador do Sevilla Fútbol Club faleceu o pasado 28 de agosto logo de non superar as doenzas cardíacas que lle comezaron a afectar no transcurso da primeira xornada de este curso 2007/2008 no que enfrontaba o equipo de Nervión fronte o Getafe Club de Fútbol.


Dende o meu blog querolle rendir unha pequena homenaxe a este enorme futbolista e según din os seus achegados tamén "crack" coma persona.


Cando comecei a saber de Puerta foi na tempada 2004/2005, un zurdo descarado con moi bo manexo de balón comezaba a corretear pola banda esquerda do Pizjuán. Nun primeiro momento eu pensaba que era interior ata que me din conta que realmente a súa posición natural era lateral esquerdo pero que se adaptaba polas súas características perfectamente a posicións máis avanzadas.

Unha xogada que define con exactitude a clase futbolística que tiña Antonio foi coa que nos deleitou a tod@s na final da Supercopa de Europa o ano pasado fronte o Fútbol Club Barcelona na que nun xogadón memorable foise de toda a defensa blaugrana logo de pisar a pelota, caño e autopase incluido e na que tan só a man de Víctor Valdes evitou que Puerta marcase un dos mellores goles da historia do fútbol.

O gol máis importante da súa carreira futbolística marcouno en semifinais da Copa da Uefa fronte o Schalke 04 no minuto 10 da prórroga e que estos días as televisións cansaronse de repetir: centro de Jesús Navas dende a banda dereita, o balón bota dúas veces ata chegar o lado esquerdo do campo onde Puerta engatilla unha volea co exterior da súa "zurda de diamante" o balón que leva rosca pega no pao e entra na portería do alemán Rost. Ese gol metería na final o Sevilla FC na que lle gañaría o Middlesbrough inglés.

Xogador que xa debutara coa Selección Absoluta de fútbol con 20 anos, tiña un futuro prometedor e ameazaba con ser un dos mellores laterais (ou interiores) do mundo. De feito R. Madrid ou Manchester United xa preguntaran por él. Pero Antonio sentía as cores do Sevilla moi adentro e renovou por 5 anos non facendo caso dos cantos de serea dos grandes de Europa e quedandose no único equipo da súa vida: o Sevilla F.C.


Por desgraza, Antonio que ía a ser pai no vindeiro mes, non poderá coñecer o seu fillo: Aitor (púxolle o nome en honor de Aitor Ocio, ex-sevillista e actual xogador do Athletic de Bilbao). Cando lle falen do seu pai a Aitor diranlle que Puerta foi un dos grandes do fútbol neste país, que con tan só 22 anos acadou 5 títulos (3 europeos e 2 nacionais), que foi artífice do gol máis importante na historia do Sevilla F.C. (o da semifinal fronte o Schalke 04) e que a humildade que amosou sempre este futbolista (nada que ver co díscolos que son a maioría dos astros do balón) fixoo chegar o máis alto.


Agora Deus fichouno para o seu equipo e seguro que a banda esquerda do ceo ten nome propio: Antonio José Puerta Pérez.


Sorte Antonio.

xoves, 23 de agosto de 2007

Primeiras Fotos da Feira da Troita


























































































Bos días, xa teño moitas das fotos da VIII Edición da Feira da Troita de Sobrado. Agardo que sexan do voso agrado.














































venres, 10 de agosto de 2007

R.C.Deportivo, CAMPIÓN POR 8ª VEZ SEGUIDA


Unha vez máis e como ven sendo tónica xeral nos últimos anos o Real Club Deportivo de A Coruña volveu a conquistar un dos trofeos con máis soleira do verán: o Teresa Herrera.


Como non podía ser de outra maneira a víctima na final foi o novo R. Madrid de Bernd Schuster. Un Real Madrid que da igual que cambie de adestrador, de presidente ou de xogadores, cada vez que ven a Riazor claudica fronte a escadra branquiazul.


Do partido de onte quédome con varios detalles, o que máis me aleda é que parece que Riki volta a ser un xogador de fútbol e non un alma en pena como parecía o ano pasado.

O mexicano Andrés Guardado supón unha bocanada de aire fresco para o plantel deportivista, un plantel algo escaso de xenios nas últimas tempadas e que parece que con "O Principiño" a Riazor voltará o gusto polo bon fútbol (se o "mago" Juan Carlos Valerón se dese recuperado xa sería a repanocha).

A liña defensiva parece que voltará a ser coma nos últimos anos a liña máis forte, cunha parella de centrais (Coloccini e Lopo) do mellor da Liga de Fútbol Profesional.

A portería con Aouate está ben cuberta aínda que onte Munúa non fixo mal partido.

Agora falta algunhas posicións para cerrar o plantel, a que máis urxe é a de lateral esquerdo, con tan só un home para esa demarcación ata o de agora: Filipe Luis, de ahí que o novo adestrador Miguel Ángel Lotina esté a probar a Manuel Pablo nesa banda. O canario xa xogara nesa demarcación no seu antigo equipo a U.D. Las Palmas.

Soaron, soan e soarán alguns xogadores para o clube herculino pero de momento hai que esperar a que apareza un "mirlo branco" (que diría Lendoiro).


Así pois o cadro do LXII Trofeo Teresa Herrera queda como segue:


CAMPIÓN: R.C. Deportivo A Coruña (Galicia)

Subcampión: R. Madrid (España)

3º Clasificado: Os Belenenses (Portugal)

4º Clasificado: Atalanta Bergamo (Italia)


O Deportivo amplía as súas vitrinas con outro Teresa Herrera máis no peto, actualmente o Real Club Deportivo é o clube que máis Teresa Herrera posue con 15, séguelle o R. Madrid con 8, xa por detrás están equipos coma F.C. Barcelona, Atlético de Madrid, A.C. Milan, Benfica ou oPSV Eindhoven.


Nada máis, penso que o R. Madrid excusa vir a Riazor xogar porque o resultado xa o sabe, polo tanto que aforren os cartiños do hotel e a viaxe de avión que co que pagaron por Pepe (30 millons €), Drenthe (14 millóns €) e o que van pagar por Robben (máis de 30 millóns €) hai que apretarse o cinto.


Forza Depor


P.D: post adicado a Noemí e ó seu madridismo.

mércores, 8 de agosto de 2007

VIII Feira da Troita


Nunha semana e catro días comeza a VIII Edición da Feira da Troita.

Comezará o sábado 18 de agosto co III Festival Musical e Intercultural da Xuventude que este ano traenos a Dani López, Transportes Hernández y Sanjurjo e Loquillo y Trogloditas.

Eu opino que o nivel dos concertos este ano é bastante bo, con artistas contrastados como é Loquillo, Julián Hernández (cantante de Siniestro Total) ou Rómulo Sanjurjo (acordeonista de Os Diplomáticos de Monte Alto).

Todo comezará as 22:00 h na Praza do Concello con Dani López dentro do programa "Vai de Camiño" que promociona o Xacobeo. O artista betanceiro poñera a nota folk en Sobrado, con un espectaculo de luces, son e danza moi interesante.

Tras o concerto de Dani López os concertos trasladaranse a explanada do Pavillón Polideportivo Municipal onde a partires das 23:35 horas comezará Transportes Hernández y Sanjurjo que nos deleitarán co inusual formato de voz, guitarra acústica, acordeón, mandolina e bases electrónicas.

Finalmente rematará o cabeza de cartel de esta III Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude: Loquillo y Trogloditas, un grupo consagrado na escea nacional do rock and roll que seguro fará cantar a todo o público coas súas coñecidas cancións.

Os concertos serán todos gratuitos e a área recreativa de Pontepedra estará habilitada para acampar (tamén será gratuito).


O domingo 19 de agosto arranca a VIII Edición da Feira da Troita co xa tradicional concurso de pesca, mostras de artesanía, repoboación do río Tambre coa solta de 25.000 alevíns de troita autóctona, lectura do pregón a cargo de D. Jesús Busto Peteiro, presidente da Fundación -Grelo- Amigos de Galicia. Sesión vermú a cargo do Grupo Jocker, VII Edición da Baixada de Carrilanas coa participación estelar das carrilanas de Esteiro (Muros), Exhibición Cabalar da Escola Ecuestre Manuel Mirantes de León, actuación do Grupo de Baile A Maristela de Sobrado e remate da festa coa foliada nocturna a cargo do Grupo Jocker.

Por suposto o longo de todo o día poderase degustar "Troita á Montañesa" na praza do Concello e tamén nos locais hostaleiros de Sobrado.


Hai actividades por un tubo toda a fin de semana, así que xa sabedes, non o podedes perder.


Vide a Sobrado.