martes, 24 de xullo de 2007

Vamos, que nos vamos!!!

Hola, bos días, para comezar este post vou cantar: Asturias, patria querida, Asturias de mis amores, quien estuviera en Asturias en algunas ocasiones...
Esta canción ven a conto porque este vindeiro venres ímonos un lote de persoeiros a Asturias de despedida de solteiro xa que PIRULO CÁSASENOS!!!
Que se prepare Pirulo porque lla imos montar boa, je je je je je je je je je je.
Volveremos o domingo 29 (a ver se damos chegado, "Papá, Mamá estoy bien pero no se donde estoy", o máis importante é a dúbida de que Pirulo dé chegado para a voda do 25 de agosto).
As 18:00 h logo de comer o pulpo na Feira de Sobrado arrancará a expedición na flota de Ramos Seoane SL (levamos conductor con nós toda a fin de semana).
O plan é sair de festa o venres en Oviedo e o sábado de Xixón. Para durmir xa temos reservado un hotel en Oviedo que ten moi boa pinta.

Esta é a lista de expedicionarios (non ten desperdicio):

Pirulo, Esteban, Pedino, Carlos, Dani, José Luis, Pichi, Álvaro, Borja, Lisardo, Pazitos, Alfonso, Germán, Seijas (dúbida), Manolo (o conductor) e eu. A cousa promete, je je je.

En Asturias ímonos encontrar a típica rivalidade de cidades: Xixón-Oviedo ou Oviedo-Xixón (para que non se me enfade ninguén), nos para que non se celen saimos nos dous lugares e así dámoslle ganancia (moita) os negocios dos dous lugares.

Veremos duas cidades de contraste: Oviedo "La Capital del Paraíso" (como reza o slogan), unha bela cidade de interior fronte Xixón unha bela cidade costeira.
Se en algo non se diferencian as dúas cidades é no rica que está a sidra, probaremola nos dous lugares para atestigualo.

Penso que vai ser unha despedida por todo o alto, je je je (ímoste subir o Campanario da Basílica de Covadonga Pirulo, je je je).

En fin, que sexa o que Deus queira...

4 comentarios:

Anónimo dixo...

e lojo petete non vai?¿¿¿? non me jodas!!! co descansadiña q eu ia quedar!!!!!!!

Unknown dixo...

Claro que vai, o que pasa é que pensei que xa o puñera e pasouseme.
Ademáis seguro que é un dos tantos que o vai facer bastante ben en "Asturies".
Seguramente acabaremos cantando aquela fermosa canción que dice:

Juntos como hermanos,
miembros de una iglesia,
vamos caminando,
al encuentro del Señoooooor.

Anónimo dixo...

jajajajajajaja!!!!!
tipico de petete cantar algo asi.......
se non se lle da por facer competicion de mocos!!!!!jajajajajaa
desta volta non fara iso que non anda refriado.......
pero pirulo q teña tino que se cadra faille petete "a cama".... en fin, moito perigo todos xuntos......
mira de traermos a todos sans e salvos q xa me encargarei de pedirlle a alguen q mire tamen por ti ( que se cadra fai mais falta q miren de ti q non o reves!!!)jajajajaja
ale pasalo ben!!!
p.d. non me deñades moito a vara o dia do polbo ein!! pedideme todo xunto q lojo toleo entre os vellos e os vosos vaciles!!!!
;-P

Unknown dixo...

Si a min que me cuiden que se non xa sabes que comezo a festa e logo para parar hai que chamar os bombeiros, je je je.
Polo que respecta o polbo que tranquila que o viño ímoscho pedir por caixas e así xa non te lias.

Je je je