xoves, 12 de xullo de 2007

Sobrado, todo un paraiso




Moi boas, hoxe vou falar de Sobrado a nivel turístico. O lugar que levo no meu corazón. Miles de turistas e peregrinos que nos visitan todos os anos quedan maravillados co que Sobrado oferta.

Non vou dar datos exhaustivos en números nin en anos porque xa sei que iso é un auténtico coñazo. Tan só pretendo enumerar un pouquiño os recursos que Sobrado ten e desexo que vos gusten as fotos que ilustrarán este post.

Para comezar debo falar do Mosteiro de Santa María, paso obrigado de todos os peregrinos que fan o traxecto do Camiño Norte cara a Santiago (sen dúbida que Sobrado é unha das etapas máis importantes no Camiño do Norte).

Un Mosteiro que foi nunha orixe foi dúplice (habitaban homes e mulleres) e familiar creado polos Condes de Présaras (terra nativa do meu pai) aló polo ano 952 d.C. O noso Mosteiro estivo a punto de desaparecer trala desamortización de Mendizábal pero grazas a gran laboura do Padre Cid e un número importante de obreiros (entre os que se encontraba meu avó materno) comezouse a reconstrucción cando xa parecia que toda a pedra ía ir destinada a morrillo para as estradas (de feito un contratista de Arzúa xa tiña ó tiña comprado para derruir e utilizala pedra), grazas a Deus impuxose a cordura e o Mosteiro segue en pé e hoxe loce máis esplendoroso que nunca. Hai dous símbolos do Mosteiro de Santa María que a día de hoxe encontranse noutros concellos porque na citada Desamortización os levaron: o reloxo que ten o edificio do Concello de Betanzos e a Fonte do Cantón de San Roque de Melide.

Compre dicir que o Mosteiro de Sobrado na época medieval tivo moito poder e chegou a ter dominio de terras na maior parte de Galicia e incluso certa parte do Bierzo. Aínda agora ten un terreo en pertenza nun povo de Zamora.


A Lagoa de Sobrado é de orixe artificial aínda que a día de hoxe xa está conformada como habitat natural. Foi feita polos monxes en 30 anos, dende o 1500 ó 1530 para abastecerse de auga e troitas, aproveitando varios regatos.

Compre dicir que a Lagoa é o único lugar da Península Ibérica na que está rexistrada o alga "Nitella-Flexilis", que está en serio peligro de extinción.

Esta masa de auga ocupa unha superficie aproximada de 10 Ha., con unha profundidade media de 1,5 metros e máxima de 4,5 metros.


O Campamento Romano de A Ciadella, a presenza do Campamento neste lugar débese a motivos estratéxicos coma o control de paso cara a "Lucus Augusti" (Lugo).

Este asentamento comezou a primeiros do século II e permanece alí ata ben entrado o século IV no que se traslada a Iulóbriga (Reinosa-Cantabria).

O exercito que conviviu en Cidadela foron as "Cohors I Celtiberorum" e o campamento estaba conformado por unhas 500 persoas.

Unha vez abandonado este lugar polo exército romano foi ocupado pola poboación civil xermánica.


Pero ademáis de este rico patrimonio Sobrado tamén conta con 5 Casas de Turismo Rural, 1 Hotel e 8 casas de comidas e 1 centro de actividades (A Casa do Queixo). É dicir, calqueira persoa que visite Sobrado terá lugares para poder descansar, comer ou facer actividades o seu antollo.


Tampouco me quero olvidar de que en Sobrado nacen dous dos ríos máis importantes da afluente galega: o río Tambre (que desemboca na ría de Noia) e o río Mandeo (que desemboca na ría de Betanzos), é curioso pois entre o nacemento de un e outro río non hai máis de un kilometro de distancia, e a pesares de iso desembocan en rías distintas.


Con estas palabras animo a todo o mundo que non é de aquí que se anime a visitar Sobrado.


TEN MOITO QUE VER


16 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois mira ti cantas cousas que eu non sabía!!

Non tiña nin idea de que estiveran a piques de acabar co Mosteiro e moito menos de que a Lagoa fose o único lugar da Península Ibérica que tiña esa alga (non é de extrañar logo que estea en serio perigo de extinción, deberían intentar "cultivala" en máis sitios).

En canto ao dos ríos tamén ne sorprendeu que nacendo tan preto acaben tan lonxe!!

Vamos, que me acabo de dar conta de que son unha inculta no que á túa vila se refire je je je de todo iso creo que só sabía que tiñades un Mosteiro famosísimo e pouco máis!!

Fago apuntamento mental de ir a visitarvos en canto poida!!

Un saudiño.

Anónimo dixo...

lato... blog distinto.....
iso é facer unha boa publicidade da tua terriña meu neno!! ole por ti!!
sabes?? a min tampouco me gustaban os datos numéricos asi que tamén prefiro q non os puxeras porque a información está ben e non se fai pesada....
pensaches en facer ti a páxina do concello?¿?¿? seguro q era mais "endrivertida"
jajajajajaja
un bico neno e "dalle" asi a cousa q isto eche interesante de ler....
;-p

Anónimo dixo...

boas lato,vexo que este blog vai por bo camiño.bo comentario sobre o pobo,temos de todo agás a praia pero todo se andará.vendo as virtudes do pobo terei que ir hoxe por ahí.
Un saudo:
O Muxico.

Unknown dixo...

Vero, Nishita e muxico, obrigado polos vosos comentarios, a verdade é que me dan máis forza para seguir facendo post novos.

Vero: non podes tardar máis en visitar Sobrado, seguro que che gustará.

Nishita: a páxina do Concello estamola a retocar e intentamos tela actualizada, cando temos momentos libres ímoslle metendo máis contido. Prometoche que mellorará en contidos seguro.

Muxico: pola praia non te preocupes que cando a meu pai lle sobren nunha obra un par de camións de area fina decimoslle que as poña ben postiñas o lado da Lagoa a facemos unha praia que xa lle gustaría a Santa Cristina.
Compañeiro de Comisión, alédame que veñas por estas terras pois creo que hoxe a noite temos unha loita bastante interesante pola provincia de Lugo, en Guitiriz concretamente, polo tema da revista das festas xa que en vista do éxito acadado o outro día (je je je) haberá que volver.

Saudos varios

Anónimo dixo...

Non o dubido, xa me falaran Sobrado e sempre me deron boas referencias dese lugar. Ahora, lendo o que puxeches ti neste post xa non me quedan dúbidas de que é un lugar de visita obrigada polo menos unha vez na vida, como o San Andrés de Teixido jejeje

Un saúdo.

Anónimo dixo...

si pero "a laguna de sobrado é artificial " jajjajajjajjajajjajjajajjaja un abrrrazo os "troitistas" de sobrao

Anónimo dixo...

E que? Pero polo menos teñen lagoa, que noutros sitios nin artificial nin outra cousa!! jeje

Anónimo dixo...

anonimo anomimo.... signo de cobardia... tira a pedra e esconde a man....
onde estaras ti millor ca en sobrado ainda q a lagoa seña artificial......
as mellores festas... os mellores amigos... as mellores borracheras (ainda en domingo e tendo q ir traballar o luns).... as mellores mozas... os mozos mais incribles.....
lo tienes todo, todo lo tienes...
baldomero q mas quieres?¿¿¿???

vero... tas tardando miña nena!!!!!!

Unknown dixo...

Non vos enfadedes rapazas que o de "lagoa artificial" está dito dende o cariño. A verdade é que a día de hoxe de artificial xa non ten nada pois ten o seu propio habitat. E cada día está máis bonita.
Para mostra un boton, ollade as 2 fotos que puxen dela.

Saudos cordiais

Anónimo dixo...

É verdade, nas fotos esas está preciosa, de artificial agora xa non ten nada, me parece.
Así que "Ole" por Sobrado e a súa lagoa!!

Unknown dixo...

Gracias Vero, non te olvides de vir visitarnos.

Bikiños

Anónimo dixo...

Non me olvido, non!! En canto poida ahí estou eu, non o dubides jeje. Todo o que sexa andar de paseo, eu apúntome!! :)

Unknown dixo...

Sí, xa din os médicos que pasear é bon... je je je

Anónimo dixo...

Por eso, por eso!! jejeje eu debo estar sanísima nese sentido.

YO dixo...

BUENO BUENO BUENO,POR FAVOR NON ME COMPAREDES A LAGUNA COA PRAIA DE SANTA CRISTINA QUE NON TEN COMPARACION PORQUE AINDA QUE A PRAIA DE SANTA CRISTINA E UNHA DAS PEORES DE CORUÑA DALLE MIL VOLTAS A LAGUNA DE SOBRADO..

E MOI BONITA E TODO O QUE QUEIRADES PERO A AQUIÑA POLO QUE VAL E NON HAI MAIS.

UN BIQUIÑO......

Unknown dixo...

Cada unha ten o seu encanto, iso está claro:

eu particularmente quédome coa Lagoa porque está no meu pobo e a verdade e que en momentos nos que estás un pouco baixo de moral, se fai un bo día achegaste ata a Lagoa e no meu caso parece que me da enerxías.
É un luxo que poidamos contar con este humidal en Sobrado.
Lástima que Medio Ambiente non permita meter barcas de remos o estilo do parque do Retiro de Madrid xa que podería ser un reclamo turístico moi importante para o noso querido pobo.