martes, 31 de xullo de 2007

Sans e salvos







Estamos de volta. Custounos, non tiñamos gañas ningunhas pero volvimos da despedida de solteiro de Pirulo.



Agardo que Pirulo o pasara ben, penso que sí, a cara que tiña non indicaba o contrario.



O cansanzo foi facendo mella a volta da viaxe e é que non paramos dende que marchamos de Sobrado.



Antes de arrancar fumos comer o pulpo na Feira do 27 e logo comezamos cos cubatas, o primeiro no lugar de costume: a Cafetería Ramiro.



O segundo na Cervexería Cook en Lugo, nunha gasoliñeira na saida da cidade das Murallas mercamos 10 litronas para que non se nos fixera tan larga a viaxe. Cando chegamos a A Pontenova xa as acabaramos (e aínda non sairamos de Galicia!!!!), en A Pontenova pedimos outras litronas pero non tiña así que Pedino encargouse de pedir 25 cervexas de lata.



O pouco de chegar a terra asturiana nun área de descanso había un bar e alí probamos a sidra por primeira vez na viaxe e na gasoliñeira que estaba ao lado mercamos outras 10 litronas. Imaxenadevos as risas. Cancións de misa a tutiple (Petete como non podía ser de outra maneira levaba a voz cantante, as veces secundabao Borja).



Cando chegamos a Oviedo xa non tiñamos frio ningún, baixamos ao hotel con un subidón impresionante.



Logo de deixar a equipaxe fumos cear a unha sidrería a Colloto, pegado a Oviedo "Terra Astur" se chama, é unha antiga fabrica de cervexa transformada nunha sidrería enorme, decorada con moi bo gusto, se pagas 3,50 € bebes a sidra que che de a gana, ceamos moi ben e bebimos mellor aínda, a maioría saiu de alí a 4 patas (case).



Logo da cea tocou festa por Oviedo, había pouca xente pero para o primeiro día ben valeu.



Compartin habitación con Borja, Alvaro e Pichi, dormir durmin pouco pero rir moito rin.



Cando me levantei o sábado fumos o bar que estaba enfronte o hotel a veña a pegarlle a sidra outra vez, comimos nese mesmo bar e logo de comer subimos as habitacións, a maioría a botar a sesta, na miña habitación vimos o final do Tour de Francia e logo Pichi e eu fumos tomar un Martini para ir collendo a forma para a noite.



Antes de sair de Oviedo dirección Xixón bebimos no mesmo bar onde comeramos unhas botelliñas de sidra (como non), chegamos a Xixón as 21:00 h, alí nos estaba esperando o noso anfitrión Óscar, fumos a zona vella de Xixón a tomar unhas sidras e degustar uns vígaros.



Logo fumos cear o restaurante de Carlos Patiño (outro coñecido en Xixón), o restaurante está dentro de un xardín enorme. Ceamos de luxo e bebimos coma cosacos.



Logo festa toda a noite por Xixón, encantoume, a cidade, o ambiente, a xente, e todo hai que dicilo, as mulleres, QUE NIVELAZO!!! ademáis son simpáticas e faladoras.



Paseino moi ben, os pubs están moi guapos rematamos a festa no Otto, no paseo marítimo, un pub enorme que abre as 05:30 h e non sei a que hora cerra porque saimos do garito as 10:15 e seguía con moita xente dentro e sen visos de querer marchar.



Fumos almorzar con Pichi de protagonista cantando: "y pasame la botella..." debeuno cantar coma unhas 2000 veces. Que risas, tardaron case unha hora en traernos uns bocatas, e tivemos que coller dous taxis a toda prisa para que nos levaran a Oviedo porque as 12:00 h tíñamos a saida do hotel e as equipaxes estaban dentro. Cara a Oviedo arrancamos os 6 que quedabamos, é dicir: Pichi, Li, Álvaro, Pirulo, Alfonso e eu en taxi e a toda velocidade.



Saimos de Oviedo as 12:30 h, comimos en Cudillero, paramos en Meira, en Lugo, e chegamos a Sobrado as 20:45 h, eu as 21:10 h xa estaba na cama, non durmira e estaba machacado, un finde impresionante, con Pirulo de protagonista, onde nos ocorreron unha e mil batallas, houbo momentos que me doia a mandíbula de rir.



Agora aínda queda a voda.






Felicidades Pirulo (bueno e a María tamén, je je je).

martes, 24 de xullo de 2007

Un pequeno descuido



As presas non son boas, o querer facer tan rápido o post da Despedida de Pirulo olvideime poñer unha foto de Xixón e outra de Oviedo para ilustrar esta nova entrada.

Déixovolas eiquí para que disfrutedes de Asturias.

Vamos, que nos vamos!!!

Hola, bos días, para comezar este post vou cantar: Asturias, patria querida, Asturias de mis amores, quien estuviera en Asturias en algunas ocasiones...
Esta canción ven a conto porque este vindeiro venres ímonos un lote de persoeiros a Asturias de despedida de solteiro xa que PIRULO CÁSASENOS!!!
Que se prepare Pirulo porque lla imos montar boa, je je je je je je je je je je.
Volveremos o domingo 29 (a ver se damos chegado, "Papá, Mamá estoy bien pero no se donde estoy", o máis importante é a dúbida de que Pirulo dé chegado para a voda do 25 de agosto).
As 18:00 h logo de comer o pulpo na Feira de Sobrado arrancará a expedición na flota de Ramos Seoane SL (levamos conductor con nós toda a fin de semana).
O plan é sair de festa o venres en Oviedo e o sábado de Xixón. Para durmir xa temos reservado un hotel en Oviedo que ten moi boa pinta.

Esta é a lista de expedicionarios (non ten desperdicio):

Pirulo, Esteban, Pedino, Carlos, Dani, José Luis, Pichi, Álvaro, Borja, Lisardo, Pazitos, Alfonso, Germán, Seijas (dúbida), Manolo (o conductor) e eu. A cousa promete, je je je.

En Asturias ímonos encontrar a típica rivalidade de cidades: Xixón-Oviedo ou Oviedo-Xixón (para que non se me enfade ninguén), nos para que non se celen saimos nos dous lugares e así dámoslle ganancia (moita) os negocios dos dous lugares.

Veremos duas cidades de contraste: Oviedo "La Capital del Paraíso" (como reza o slogan), unha bela cidade de interior fronte Xixón unha bela cidade costeira.
Se en algo non se diferencian as dúas cidades é no rica que está a sidra, probaremola nos dous lugares para atestigualo.

Penso que vai ser unha despedida por todo o alto, je je je (ímoste subir o Campanario da Basílica de Covadonga Pirulo, je je je).

En fin, que sexa o que Deus queira...

venres, 20 de xullo de 2007

Xa está aquiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii


Pois si, aquí o temos. O tan agardado cartel da Festa dos Dolores. O traballo de todo o ano resumido nun gran papel.

Agardo que vos guste, a Comisión puñemos todo o empeño en intentar facer unha festa acorde co pobo de Sobrado.

Como ben sabedes ampliamos un día de festa e en vez de 3 serán 4 os días de festexo.

Bueno deixome de rollos, miradeo, ledeo, analizadeo...


DESEXO QUE VOS GUSTE

martes, 17 de xullo de 2007

Fin de semana, loco, loco, loco...


Uff, por fin recuperei do finde. A verdade e que esta vez costoume bastante. A Comisión de festas estame a acabar coa saude, e é que non saimos dos bares chico!!!

O venres fumos a Guitiriz e Teixeiro (xa o dicían os Diplomáticos de Monte Alto "fun a Parga e Guitiriz, Guitiriz e máis Teixeiro, fun a Parga e Guitiriz, percorrín o mundo enteiro), a pedir para a revista das festas, ollo a tropa que nos xuntamos que non ten desperdicio:

Esteban, Pirulo, Petete, Li, Pablo Cotarón, Manolito, José Luis de As Cruces, Seijas de As Cruces, un amigo de Seijas e eu mesmo.

A verdade é que en Guitiriz non había moita xente agás no pub Xoldra que había festa da cervexa e estaba petadísimo, sorteaban unha viaxe a Marrocos, un fin de semana nunha casa de Turismo Rural ou unha guitarra eléctrica entre outros regalos. Moi boa a iniciativa.

En Teixeiro tampouco había demasiada xente pero coas tonterías eu cheguei as 8:15 h a casa e aínda sei de tres persoas que se quedaron tomando a última... je je je.

Sábado durmin ata as 16:00 h e logo directo para a piscina a hidratarme do día anterior, a noite tocoulle a Melide, AMBIENTAZO!!!! que lote de xente!

Puiden ver o novo pub de Miguel de Disco 600 (antigo Bo Boa agora clámase Clap) encantoume, unha decoración con moi bo gusto, unha música bastante boa Black Eye Peas, e xente de este estilo (polo menos o tempo que estiven alí) e unha luz verde nas barras que sinceramente deixoume sorprendido polo ben que queda.

Ademáis tamén puiden ver a nova disco Palladium na que pouco tempo estiven pero opino que lle vai dar moito xogo a Melide. Noraboa pola iniciativa.

O domingo foi tremendo: sorteo o mediodía da cesta da Comisión, liada de cervexa e viños e non subimos nin comer, amablemente no Bar Tato Pablo e Nieves tiveron a amabilidade de facernos unhas hamburguesas a min e a Li as 17:15 h.

Máis tarde marchamos Li, Esteban, Pablo Cotarón e eu para Teixeiro e Guitiriz a seguir pedindo para a revista, máis garimbas, ufff.

Volvimos para Sobrado as 22:30 h e non se nos ocurre outra idea que ir o Monolito a Curtis a ver a Chicas Show (que nunca mellor dito porque vaia show deron, en fin...), Oito, Li, Óscar Armada e eu, máis garimbas...

Para acabar de rematala dinnos que está aberto Desigual e alí nos fumos, había unhas borracheras importantes. Encontreime con Sandra de Teixeiro e xa lle coloquei a prometida camiseta da Comisión que non dudou en poñela un momento, ademáis encargouse de venderme máis camisetas a xente que por alí pululaba, nese momento decidimos a viaxar no tempo a Santo Domingo e pedir un cubatola de Barceló con 7 up, bueno Oito decantouse por seguir en Galicia con unha Estrella e Li elixiu Venezuela co Cacique 500.

Debo dicir que Sandra e eu dimos unha lección de futbolín e gañamoslle a Li e a Bea de Curtis.

Decidimos marchar para a casa pero cando chegamos aínda estaba o Lecer aberto con xente de boda entre elas Cris e Nieves que a acompañaba, ata que tomamos uns chismes non pararon e pecharonnos a porta para que non puideramos marchar, máis Barceló, uff o final deiteime as tantas...

Onte estaba feito polvo, non me extraña!

xoves, 12 de xullo de 2007

Sobrado, todo un paraiso




Moi boas, hoxe vou falar de Sobrado a nivel turístico. O lugar que levo no meu corazón. Miles de turistas e peregrinos que nos visitan todos os anos quedan maravillados co que Sobrado oferta.

Non vou dar datos exhaustivos en números nin en anos porque xa sei que iso é un auténtico coñazo. Tan só pretendo enumerar un pouquiño os recursos que Sobrado ten e desexo que vos gusten as fotos que ilustrarán este post.

Para comezar debo falar do Mosteiro de Santa María, paso obrigado de todos os peregrinos que fan o traxecto do Camiño Norte cara a Santiago (sen dúbida que Sobrado é unha das etapas máis importantes no Camiño do Norte).

Un Mosteiro que foi nunha orixe foi dúplice (habitaban homes e mulleres) e familiar creado polos Condes de Présaras (terra nativa do meu pai) aló polo ano 952 d.C. O noso Mosteiro estivo a punto de desaparecer trala desamortización de Mendizábal pero grazas a gran laboura do Padre Cid e un número importante de obreiros (entre os que se encontraba meu avó materno) comezouse a reconstrucción cando xa parecia que toda a pedra ía ir destinada a morrillo para as estradas (de feito un contratista de Arzúa xa tiña ó tiña comprado para derruir e utilizala pedra), grazas a Deus impuxose a cordura e o Mosteiro segue en pé e hoxe loce máis esplendoroso que nunca. Hai dous símbolos do Mosteiro de Santa María que a día de hoxe encontranse noutros concellos porque na citada Desamortización os levaron: o reloxo que ten o edificio do Concello de Betanzos e a Fonte do Cantón de San Roque de Melide.

Compre dicir que o Mosteiro de Sobrado na época medieval tivo moito poder e chegou a ter dominio de terras na maior parte de Galicia e incluso certa parte do Bierzo. Aínda agora ten un terreo en pertenza nun povo de Zamora.


A Lagoa de Sobrado é de orixe artificial aínda que a día de hoxe xa está conformada como habitat natural. Foi feita polos monxes en 30 anos, dende o 1500 ó 1530 para abastecerse de auga e troitas, aproveitando varios regatos.

Compre dicir que a Lagoa é o único lugar da Península Ibérica na que está rexistrada o alga "Nitella-Flexilis", que está en serio peligro de extinción.

Esta masa de auga ocupa unha superficie aproximada de 10 Ha., con unha profundidade media de 1,5 metros e máxima de 4,5 metros.


O Campamento Romano de A Ciadella, a presenza do Campamento neste lugar débese a motivos estratéxicos coma o control de paso cara a "Lucus Augusti" (Lugo).

Este asentamento comezou a primeiros do século II e permanece alí ata ben entrado o século IV no que se traslada a Iulóbriga (Reinosa-Cantabria).

O exercito que conviviu en Cidadela foron as "Cohors I Celtiberorum" e o campamento estaba conformado por unhas 500 persoas.

Unha vez abandonado este lugar polo exército romano foi ocupado pola poboación civil xermánica.


Pero ademáis de este rico patrimonio Sobrado tamén conta con 5 Casas de Turismo Rural, 1 Hotel e 8 casas de comidas e 1 centro de actividades (A Casa do Queixo). É dicir, calqueira persoa que visite Sobrado terá lugares para poder descansar, comer ou facer actividades o seu antollo.


Tampouco me quero olvidar de que en Sobrado nacen dous dos ríos máis importantes da afluente galega: o río Tambre (que desemboca na ría de Noia) e o río Mandeo (que desemboca na ría de Betanzos), é curioso pois entre o nacemento de un e outro río non hai máis de un kilometro de distancia, e a pesares de iso desembocan en rías distintas.


Con estas palabras animo a todo o mundo que non é de aquí que se anime a visitar Sobrado.


TEN MOITO QUE VER


luns, 9 de xullo de 2007

M 3


Pois si, xa sei que estades pensando. Diredes este vainos falar de un grupo de música ou dunha estrada. Pero non, M3 son as siglas que resumen o meu fin de semana.

Mesía

Melide

Medieval


O venres fun facer unha "volta de recoñecemento" pola festa de Mesía, alí actuaban a Orquestra Fania Blanco Show (a mellor orquestra galega no que a música de vento se refire) e a Orquestra Versalles (unha das nosas abandeiradas na festa dos Dolores). A pesar de que había duas grandes orquestras e facía unha boa noite sorprendeume que houbera pouca xente, eso sí, casi toda xove e cunhas gañas de beber impresionantes, as camareiras non tiveron moitos momentos de descanso. Que sede ten a xente os venres chico!!!


Sábado pola noite tocou ir a Melide (xa o botaba de menos), levaba un mes sen ir (incrible en min que non fallo un só sábado en todo o ano) debido a viaxe a Salamanca, o San Xoan e o San Pedro, que lote de santos!!!

En Melide xa comezou a febre do verán, para o meu gusto había demasiada xente, a rúa dos pubs chea de xente, e dentro dos pubs facía demasiada calor. Empresarios dos pubs de Melide vouvos dar un tirón de orellas: "hai que comprar un aparato de aire acondicionado, please".


Onte domingo, fun a Feira Franca Medieval de Betanzos, xente a tumbo, o inicio do Casco Antigo era insufrible para poder pasar, había colas de uns 30 minutos para poder chegar ata a igrexa de San Francisco "eso metía miedo", logo de pasar o apuro de xente estabase xenial, boa temperatura, xarra en man coa cerveciña de rigor para saciar o calor da tarde, caras coñecidas que che obrigan a dicir cada 3 minutos: "ata logo", "que hai", "que lote de xente" e cen mil típicas frases máis de cortesía cando non sabes moito que dicir.

Vimos o espectaculo de cetrería (moi bon por certo ata que as gaivotas dóuselle por intentar cazar os falcóns de exhibición e un colleu medo, agochouse, non volvía e acabouse o número de escenificación).

A NOTA con maiusculas douna o "presentador" do espectaculo de loita entre mouros e cristiáns que cada vez que habría a boca deixaba unhas perlas que pa qué: estes son algúns dos exemplos:


"Perdeuse un neno, chámase Héctor Muñoz, teno a policía (risas da xente) está no -caseto- de turismo" (carcaxada xeralizada)


"Agora os cabaleiros van intentar darlle coa lanza ó -artefacto- que está ahí posto no medio da area" (a peña escarallabase preguntando de onde sacaran o tío ese).


Ademáis de estes comentarios outros que non recordo e ademáis o tío que levaba o microfóno pegado a boca estilo "Chimo Bayo" falaba cos de Protección Civil sen darse conta que o estaba a escoitar todo o público por megafonía. Que personaxe!!!


Logo do espectáculo (animal e racional???) subimos para a zona antiga onde seguía a haber un mundo de xente, un ambientazo incrible. Vimos diversas escenificacións que fixeron as delicias de pequenos e maiores.


A eso das 23:30 h tocou volver para a casa que hoxe era día de escola...

xoves, 5 de xullo de 2007

Benvido señor verán


Pois si amig@s, parece que definitivamente o verán, a tempada en teoría de máis sol e máis calor asemella que se quere instalar o noso carón. Non foi sen tempo.

Normalmente no mes de maio ou todo máis tardar primeiros de xuño nos anos anteriores xa lle tiña feito unhas visitiñas as praias de Gandarío ou Cabanas pero este ano non puido ser, a climatoloxía non acompañou e non fai moitos días estabamos a ver como chovia de xeito copioso e cunhas temperaturas que para nada indicaban a estación na que estamos.


A verdade é que da gusto levantarte polas mañás e ver un sol radiante acompañado de calor. Polo que a min respecta teño moi claro o plan a seguir: levantarme ás 7:30 para traballar, sair do "curro" as 14:30, comer, ver a televisión (aínda que por desgraza cada día hai menos que ver) e a iso das 16:00 h ir a Cafetería Ramiro a tomar un café con xeo e de seguido para a piscina toda a tarde cos amigos, a darse un chapuzón, facer un pouco (ou un moito) o tonto na auga e xogar a Playstation no garito do socorrista que amablemente nos cede.


A verdade é que levamos un lote de anos facendo o mesmo pero son unhas risas, de vez en cando no lugar de Play toca tute (o caso é estar entretido en algo).


Pola noite baixada o bar logo de cear e se hai unha festiña que se preste pois ir a ela (afortunadamente no verán Galicia está plagada de festas) e logo durmir para traballar o día seguinte. A verdade é que no verán durmo unha media de 5 horas pero síntome ben e non me da pereza levantarme nin nada polo estilo.


Este ano as vacacións collereinas es setembro, agardo que todo o verán sexa bon pero que non me falle setembro, por favor, e sobor de todo, QUE NON CHOVA NOS DOLORES!!!!


Disfrutade do verán

martes, 3 de xullo de 2007

Metade do traballo culminado


Hoxe martes, volta a normalidade. Dende o xoves a cabeza matinoume entorno ás festas de San Pedro. Que se colocar os chiringos, que se acabar de pedir, que se chegan ou non chegan os cartos, uff! canto traballo para que tan só o tempo nos respetase o primeiro día de festa.


Que lle imos facer ante iso nada se pode facer, o sábado choveu un pouquiño e o domingo pola noite tivo momentos de chover bastante ben.


Teño que dicir que o xoves fixemos unha previa bastante dura e o persoal acusouno o longo do fin de semana.


O venres Nova Palma fixoo sensacional, o rematar a festa os compañeiros de Comisión metéronme literalmente no palco logo de que un dos vocalistas o solicitase e tiven que cantar Dolores se llamaba Lola de Los Suaves, que vergoña! aínda que a esas horas e o ter un par de copas encima pérdese un pouco a vergoña. Encima dende enriba via como Nando me estaba gravando en video e Karnotxo me sacaba fotos, xa mas pagaredes viláns!!!!

O peor foi cando o cantante de Nova Palma me decía que me tirara que me collían os compañeiros, eu vendo como andaba o persoal preferín non tirarme non fora a ser que se apartar e dera cos osos no chan, borracho si pero tonto non!


O sábado custounos Deus e axuda levantarnos para o vermú pero con todo conseguímolo, logo dunha sesión vermú de non sei cantos Martinis mixturados tocou a sesta pertinente e pola noite outra vez de troula aínda que debo dicir que estaba feito polvo e tras acabar de tocar o grupo Mimo (que me tocou bailar Paquito el Chocolatero con unha das cantantes) funme para a cama.


O domingo levanteime coma unha rosa, e outra vez un lote de Martinis que eso clamaba o ceo, pola noite choveu por dentro e por fora. Rematamos as 8:30 da mañán tomando cubatas mentres a xente que ía para traballar mirábanos raro (seríamos nos os raros ou serían eles por non estar de festa).


Onte levanteime as 16:00h logo de un finde esgotador pero aínda quedaban forzas para ir a festa a Oza dos Ríos, cenamos en Betanzos e cando chegamos a Oza estaba a Olympus na metade do 1º pase, Peke andaba a tocar en versión instrumental "My Hearth Will Go On" de Celine Dion, a B.S.O. de Titanic. Logo de Olympus actuou Panorama (como me aledo de traer estos dous orquestóns as festas de setembro). Debo dicir que había xente a tumbo.

Retireime cando a Panorama rematou o primeiro pase, unha Panorama que contaba con un músico de luxo, Yanko de Olympus que lle votou unha man no primeiro pase debido a que André (o percusionista de Panorama) tivo un problema de saude e non puido actuar. Grande Yanko que fixo que a baixa de André non se notara na orquestra Panorama.


E así rematou un finde alargado a máis non poder. Agora toca descansar porque o venres xa está a volta da esquina e o domingo toca sesión intensa na Feira Medieval de Betanzos.