mércores, 20 de xuño de 2007

Vaia Camarilla!


A foto que vedes pertence o descanso, é dicir, "Momento Pintxos" que tivemos nunha intensa noite de venres en Teixeiro co agallo do Campionato de Tute que fixo a Comisión de Festas da Xuventude 2007. Este "retrato" está ubicado no antigo local do Mésón A Roda, outrora, local de culto para os amantes do rock nacional en Teixeiro, hoxe pechado. O citado Campionato acabouno gañando Pedino e Miguel (meu padriño de confirmación).

De seguido cítovos de esquerda a dereita o nome dos "sinvergoñas" que estamos na foto: Juan Taxista, Álvaro, Pazitos, Pedino, Eu (Laranxa Butanero), Esteban, Nando, Li, Trukito (véselle só a metade), máis a dereita estaban Toni e Miguel pero estes non saen na foto.


P.D: perdoade pola calidade da foto, non é de ningunha cámara nosa.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois a "calidá" da foto non será boa, pero saes moi guapiño nela.

Un saúdo.

Unknown dixo...

Moitas gracias Vero, queres que se me suban ás cores ou q? je je je

Bikos

Anónimo dixo...

jejejeje iso mesmo ;-)

ademáis destacas no medio dos outros, de laranxa butanero como dis ti jeje

pero ti tranquilo, que che favorece moito jeje

Unknown dixo...

Gracias, gracias, non se merecen os piropos!!!

Butanero, butanero, unha bombona para o 4º Dereita.

- Maldigo a quen inventou os edificios sen ascensor!

je je je

Anónimo dixo...

De nada, eu só digo o que vexo na foto :)

O dos edificios sen ascensor tamén o digo eu!! Será sano subir escaleiras para fortalecer os músculos, pero da unha pereza tola!!

Pero bueno, se só vives no 4º aínda non te queixes, sei eu dunha que vive no 10º e sen ascensor tamén...miña pobre!! je je je

Unknown dixo...

No eu non vivo nun 4º, Deus me arrede, je je, a miña vivenda é unifamiliar.

Ademáis en Sobrado non existen os edificios de 4 pisos debido a que como está o Mosteiro no casco urbán tan só se poden edificar 3 alturas e baixo.

O do 4º era para facer un chiste co butanero, je je je.

Anónimo dixo...

Ah!! jajaja eu que sabia!!

Aínda asi, o butanero estará cabreado igual, porque subir 3 pisos coa bombona ó lombo non creo que lle faga moita gracia...

Unknown dixo...

Por eso agora Repsol inventou unha bombona que pesa moito menos e é máis doado de carrexar porque ten menos volume.

Xa era horas

"Repsol Funciona"

je je je

Anónimo dixo...

E falta fai que funcione, porque senón os pobre butaneros acaban baldados de todo.

Esa é a maneira de ver subir un butanero todo cachas polas escaleiras cunha bombona en cada man...non é que teña a forza de Hullk pero a estampa é ben graciosa jijiji

Unknown dixo...

Que che parece se a esa escea lle poñemos a música de Coca Cola Light no que 3 mozas saian mirando pola ventana a un obreiro cachas mentres disfrutaba de un bote da bebida máis coñecida do mundo (en versión light).
A canción comezaba: "I don´t want you..."

je je je

Anónimo dixo...

Jejeje menuda estampa!!

As mozas de todo o edificio berrándolle pola ventana ó butanero que lles subira unha bombona jajaja

Unknown dixo...

E o tío facendoselle a boca auga... non polas mulleres senón pola sede que tiña producida pola carga das bombonas...

je je je

Anónimo dixo...

jajaja pode ser, aínda que non creo, se non lle pesan non se derrea cargando nelas!! je je je