luns, 18 de xuño de 2007

NOITE MEIGA versión 0.7


Un ano máis volta a visitarnos a máxica noite de San Xoan. De todos é sabido que a noite máis curta do ano ten un valor especial en Sobrado pois dende hai uns anos é para a gran maioría dos habitantes do povo un día de festa total: luxuria e desenfreno (que diría o outro). Como ben sendo norma habitual nestes últimos tempos a lumeirada máis importante de todo o Concello farase na área recreativa do Campo Francés. Alí poderase degustar o xa recoñecido internacionalmente Churrasco do Chef Pedino co seu toque de champaña (ou desta volta sorprenderanos cuns toques de brandy?) , con un adobo que xa lle gustaría sabelo facer a máis de un restaurante de prestixio a todos os niveis. O segredo do adobo de churrasco do Chef Pedino e similar o da composición química da Coca Cola.

Ademáis o Club Atlético Sobrado Xuventude montará unha zona de copas cunha carpa dance, house, chill out, folk e o que queira cada un pois vanse poñer todos os estilos de música para que a xente baile ata que soen as campás do Mosteiro anunciándonos que as 11:00 h hai misa.

Agora comeza a competición para saber quen vai a ser o máis bebedo de esta noite de bruxas, de fadas, de etilico e de disfrute sen igual.

A min particularmente é unha noite que me chifla xa que os valores da antigüidade non se poden perder e a xente nova temos que loitar todo o que poidamos por recuperalos e potencialos. Os nosos antepasados eran moi sabios e o San Xoan venerábano moito.

MANTEÑAMOS AS BOAS COSTUMES.

4 comentarios:

Unknown dixo...

Algo que se olvidou no seu debido momento e quero aclarar:

quero pedir disculpas o meus compañeir@s e amig@s que son castelán falantes pois como vedes no meu blog todos os meus post están escritos en idioma galego. Agardo que entendades a linguaxe e se non é así non teño problema algún en escribir a traducción.

Saudos e disculpade

Anónimo dixo...

viva o ATLETICO MELIDE este domingo partido no campo municipal se melide contra o superdepor

VENTA DE ENTRADAS TAMEN EN SOBRADO
FORZA ATLETICO

Anónimo dixo...

el dia d (de despues de, vamos) la hora h (de hainda tamos a durmir) la primera en levantarse.......
menuda noite meiga!!!! teño as probas do delito... proximamente direi onde se poden ver...
porque ainda teñen q pasar pola censura!!!!
mi madriña q descontrol!!!!!!!
Flex!!! (a chipos polo campo frances!!!)

Unknown dixo...

Descontrol? Descontrol é pouco, loucura ou chámalle X, que fato de personaxes!!! je je je.

LUMEEEEEE!!!!!!

je je je