luns, 25 de xuño de 2007

Fin de semana moi intenso


Moi boas, comeza a derradeira semana do mes de xuño, con inicio da semana tamén se nos acerca a festa do noso patrón San Pedro. O venres o mediodía xa estaremos de festa (aínda que no meu caso creo que vou andar atacado polos nervos de que nos cheguen os cartos, je je je). É dicir, esta semana tan só ten 4 días laborables para os habitantes de Sobrado pois o venres é festivo local, haberá que ter coidado logo co xoves 28 pola noite, xa que as previas das festas en Sobrado soen ser "heavies".


No fin de semana que pasou non houbo un momento de descanso: o venres pola tarde tocou xuntar leña para a fogueira do San Xoan (acabamos ás 23:15 h), ducha, cea e de concerto a Guitiriz, a ver a Barón Rojo; que gran son teñen estes históricos do rock nacional, un son moi potente (volumen brutal que dirían eles) e moi limpo, magoa de que o tempo non perdoa e as voces dos irmáns Castro perderon potencia, de todos os xeitos fixeron disfrutar o persoal que nos encontrabamos na praza do povo lucense. O venres fumos pouca representación: Pedino, Carlos, Truke, Anthony, Pazitos e eu.


Sábado tocou dormir toda a mañán e pola tarde seguir recaudando polas casas dos veciños para a festa. Xa metidos na noite O Lume de San Xoan (que por certo teño que dicir que me olvidei saltalo, e iso que marchei de alí as 08:30 h, agardo que non me entre ningún mal fario), churrasco, viño, música e diversión a esgalla. O tempo comportouse e estivo unha gran noite.


Con só 4 horas dormidas tocou erguerse o domingo as 12:30 h para sortear como cada domingo a cesta da Comisión de festas, cunha cariña que clamaba o ceo. Logo do sorteo a comer algo e a pedir de novo(que bonitas son as festas pero canto traballo dan), xa na noite outra vez a Guitiriz a ver a Panorama, que fixeron só un pase de 2 horas e media. Deron moita caña, a pesares de que a noite por momentos enfriaba e en principio chovia aínda que logo estabilizouse a cousa e puidemos ver sen axuda dos paraugas unha gran actuación.


Só de pensar todo o que fixen en 48 horas xa me entra o estress, e o peor (ou o mellor) aínda está por vir...

8 comentarios:

Anónimo dixo...

menudo finde lato!!!!!
teño q dicir q o san Xoan tivo una noite caralluda, o churrasco estaba de bon que nin "Xan" deixou rastro.....
Magoa q os criollos non chegasen a todos pero teñolle q dar as gracias a "pichiño" porque a cando quixen un el dabame 7!!! (seica non me chegaba cun so!!jajaja)

Pero o verdadeiro protagonista da noite (aparte do lume q hai q saltalo sempre Lato...) foi Xan, tesme q dar a razon....
menuda maneira de estirarse.... q estilo o arrimarse as rapazas....
buah... mundial!!!!!

E con respecto a Guitiriz... non so fixeron festa no palco o domingo a panorama....tamen habia leria(da gorda) polo fondo do campo.... va que si "chukita"????

Pero o final coma sempre reinou de novo a festa e todos volveron o rego......

Q pouco falta pa q me den a min a lata os festeiros!!!
por certo lato....
NESESITO UNA CAMISETA MUXAXO.....

Unknown dixo...

Sen dúbida, Xan a estrela da noite.

O da camiseta está feito, xa me dirás color e talla (están tendo moito éxito) axiña imos encargar a terceira remesa.

O fin de semana foi longo, prolongámolo ata luns porque vaia festa nos pegamos con Olympus e Versalles chegamos as 05:30 AM a Sobrado.

Menos mal que esta noite non se me ocurreu sair a ver á Trebol a Toques e hoxe tamén me vou reservar xa que mañán pola noite comeza a verdadeira dureza!

"Bikos"... the night

je je je

Anónimo dixo...

"Bikos" the night belongs to lovers
"bikos" the night belongs to life

je je je


P.D.: Qué fallo non saltar o lume eh!! ;-)

Unknown dixo...

Olvidouseme Vero!! debeu ser pola emoción da noite... je je, ou se cadra porque o Barceló comezaba a surtir efecto na miña cabeciña tola.

Ese oscuro objeto del deseo... Ron Barceló

je je je

Anónimo dixo...

jeje sería por un pouco de todo non? A min é raro que se me olvide, pero esa noite todo se perdoa ;-)

Que terá o Barceló? jejeje

Unknown dixo...

Muller eu fixo non o sei, pero teño oido que leva alcohol...

je je je

Anónimo dixo...

jajaja Disque si...mira ti que cousas inventan eh!! jeje

Unknown dixo...

A nai que os pariu!! o que non inventen ajora non o inventa ninjén!!!

Serán tolos estes do Barcelona ese do carallo!!!