xoves, 20 de decembro de 2007

O Blog de Víctor Lato deséxavos BO NADAL

Chegan unhas datas que a min particularmente me gustan moito. Hai outra xente que detesta o Nadal pero a min sempre me pareceron uns días moi entrañables onde se pode estar con gran parte dos seres queridos.

O Nadal é sinónimo para min de moitas cousas e unha cadea de circunstancias moi seguidas: a ilusión da Lotería de Nadal, as rondas de Noiteboa antes de cear, a cea coa familia, as liadas que temos logo da cea (en Sobrado sempre houbo a tradición de baixar logo de cear, abren case todos os bares e estamos tomando copas ata as mil quinientas), o día de Nadal, o día dos Inocentes (Pitus no me olvido de tu cumple) as rondas de fin de ano, as campanadas, tralas campanadas directos a Ramiro a tomar o primeiro chisme do ano novo e abrazarse e bicar a todo o mundo, de rumba por Melide, os churros da volta, o resacón do día seguinte (unha misturanza entre alcohol e tabaco -para colmo eu que non son fumador ese día sempre lle aplico un puro que me fai máis mal que ben-), e logo uns día de transición ata a noite de Reis e o desexado día seguinte que é cando se ve os nenos disfrutar de verdade con todos os xoguetes que As Súas Maxestades lles trouxeron de noite (importante non lles dedes de beber os camellos que logo enchen a barriga e non se moven polo que cada ano acaban máis tarde o reparto -a algún aínda non lle trouxeron os agasallos de hai uns anos- je je je). E o día 7 de xaneiro supón para min o día da melancolía pois ves como se acabaron uns días máxicos, uns días nos que polo xeral reina a calma e a concordía, uns días onde os seres queridos amosaron un ano máis que te queren cada día máis e que seguen estando ahí coma tantas e tantas veces. O único que altera a calma do día 7 de xaneiro son as malditas "REBAIXAS" é dicir, torna a presa na xente, aparece a falta de educación e calqueira é capaz de matar se lle arrincas das mans aquel xersei que antes costaba 85€ e agora "só" custa 53€ (volta a agresividade). SERÁ POSIBLE? pois si amigos e amigas de este blog, as malditas rebaixas fan que todos os bos actos que o persoal fixo polo Nadal queden no olvido nun só día ou o que é peor, nunhas horas. Moita xente o día seguinte os Reis tenno marcado no Calendario "ay, yo no puedo quedar, es que el día 7 me voy a las rebajas..." "Pois moi ben, que che aproveite..."

Eu non sei se porque son máis romántico ou non soporto as aglomeracións de xente, quédome co bo ambiente do Nadal e a paz que o rodea. As rebaixas chégame o tempo a ir. Total os centros comerciais están ahí todo o ano e hai momentos que desearía que non os houbese...

BO NADAL AMIG@S E GRAZAS POR ESTAR AHÍ

venres, 14 de decembro de 2007

E se voltasen os 3?

Roy Makaay
Albert Luque

Lionel Scaloni


O diario deportivo As na súa edición do xoves 13 de decembro, na páxina relacionada co Deportivo sacaba un comentario (rumoroloxía) no que o Real Club Deportivo de A Coruña estaría barallando a posibilidade de que Roy Makaay (Feyenoord de Rotterdam), Albert Luque (Ajax de Amsterdam) e Lionel Scaloni (Lazio de Roma) voltasen a vestir a casaca branca e azul a partires de este mes de decembro.
Segundo informa o diario As o Presidente do Deportivo Augusto César Lendoiro ten carto fresco logo de se embolsar 14 millons polo traspaso de Jorge Andrade a Juventus de Turín e 21 millóns de anticipo polo novo contrato televisivo do equipo coruñés con MediaPro.
A idea inicial de Lendoiro era non gastar eses cartos ata xuño do ano 2008 pero debido a mala situación deportiva que atravesa o equipo "o xefe" vai ter que gastar os euros se non quere que o Deportivo acabe visitando os seus veciños do sur, o Celta de Vigo.
Ámbalas 3 posibilidades son complicadas pero non imposibles, Roy Makaay acaba de fichar polo Feyenoord por 3 tempadas e cobrando un salario alto pero os máis achegados din que non lle importaría voltar o equipo que o encumbrou en Europa e que o fixo pichichi da Liga Española. O holandés conta na actualidade con 32 anos e está sendo criticado por un sector da prensa holandesa pola súa mediocre tempada.
Albert Luque xoga cedido no Ajax de Amsterdam, a súa ficha pertence o Newcastle United inglés, sempre deixou claro que lle gustaría voltar a Liga e sabe que de chegar a cidade herculina sería a estrela indiscutible do equipo. Ademáis o Depor vai fichar un dianteiro no mercado de inverno. Ademáis da complicación que entraña que sexa un xogador cedido a súa altísima ficha parece unha barreira que o Lendoiro non poderá sobrepasar agás que o catalán rebaixe as súas pretensións económicas. Luque conta con 29 anos na actualidade e está comezando a marcar goles co equipo ajacied.
Lionel Scaloni é o que ten máis papeletas para voltar a Coruña, en varios medios de comunicación se fan hoxe eco de que o Lendoiro e os seus asesores estarían tanteando o entorno do xogador que non acaba de sentirse agusto en Italia e voltaría de boa gana a cidade da Torre de Hércules onde ten un piso diante do estadio de Riazor. Augusto César sabe que Lionel sempre foi un xogador que conectou coa afección e pode ser unha peza importante para enganchar a xente de cara a segunda volta. A súa ficha volve a ser o inconvinte pero pode ser que a Lazio e Lionel estén dispostos a negociar.
Axiña saberemos máis de isto e veremos no que queda.
Cantos recordos cercáns pero lonxanos, oir o nome de estos 3 futbolistas recordame a Champions League, Centenariazo, Liga, Supercopas, noites de fútbol emocionantes, un equipo que era un rodillo...
Aínda que xa non están no mellor das súas carreiras non cabe lugar a dúbida que estes futbolistas darían aire fresco o Depor e aportarían a súa veteranía a un conxunto que peca de xuventude. Ademáis con 2 goleadores como Makaay e Luque o Depor aínda tería tempo a loitar por posicións de UEFA. O gol de Makaay, a potencia de Luque e a garra de Scaloni faríanlle recuperar o Deportivo parte do que perdeu nestes últimos anos.
Soñemos...

xoves, 13 de decembro de 2007

Rijkaard You´ll never smoke alone

Esta é a pancarta que a Plataforma Pro Frank Rijkaard sacou onte logo de marcar o equipo blaugrana o 3º gol, concretamente o de Ronaldinho no trascurso do partido de Champions League F.C. Barcelona 3 - FVB Stuttgart 1.
O cartel non ten desperdicio: "Rijkaard, nunca fumarás só".
A min sen dúbida que me espertou un gran sorriso cando a vin e nunca sabes o que lle da de si o maxín a xente.
Noraboa pola xenialidade a Plataforma Pro Frank Rijkaard.

Opinade sobre o que vos pareceu.

Saudos

U2

Se de todos as formacións musicais que existen me teño que quedar con algunha esa é U2.
A formación irlandesa de Bono, The Edge, Adam Clayton e Larry Mulen Jr. consideroa como unha das mellores bandas na historia da música e declarome fanático incondicional deles.

Teño todos os seus discos que ata agora se editaron (15 concretamente) e non me canso de escoitalos. Teño aínda un sono por cumprir que é velos en directo. Non pararei ata conseguilo.


Particularmente gústame o estilo dos discos que sacaron a mediados dos 90, misturando pop, rock e música electrónica de feito para min o Album Pop que data de 1997 é o mellor dos que editaron.




Grupo que ten o recoñecemento internacional tanto a nivel musical como social debido a gran laboura que fai Bono cos máis desfavorecidos. Teñen o cheo asegurado en todos os seus concertos e para conseguir unha entrada non queda outra que facer largas colas de espera.




Esta foto do "Elevation Tour" deixa ben as claras os cheos que U2 acada nos seus concertos e as montaxes quese "curran". UN AUTÉNTICO ESPECTÁCULO.
Este é a discografía completa de U2:
Boy (1980)
October (1981)
War (1983)
Under a Blood Red Sky (1983)
The Unforgettable Fire (1984)
The Joshua Tree (1987)
Rattle and Hum (1988)
Achtung Baby (1991)
Zooropa (1993)
Pop (1997)
The Best of 1980-1990 (1998)
All That You Can´t Leave Behind (2000)
The Best of 1990-2000 (2002)
How To Dismantle An Atomic Bomb (2004)
U218 Singles (2006)


A formación da banda irlandesa compoñena:
Paul David Hewson, máis coñecido coma Bono. Nado o 10 de maio (eu nacín o 11 polo tanto é Tauro coma min) de 1960 en Dublín. Bandeira do grupo e tamen de diversas ONX´S, colabora sempre cos máis desfavorecidos. A súa actitude comprometida fai que non deixe indiferente a ninguén. Está considerado coma un dos mellores vocalistas do mundo. A súa fama chegou a tal punto que cando Frank Sinatra grabou o seu álbum Duets so quixo compartir estudo con Bono. Admira a Bob Dylan e a Marvin Gaye.
Larry Mulen Jr. Nado o 31 de outubro de 1961 en Dublín. Foi o culpable do nacemento de U2 o poñer no tablón de anunzos unha nota na que se buscaba xente para formar grupo de rock. Él é o batería do grupo pero tamén se atreveu a facer algúns coros para o grupo. Xunto a Adam Clayton forma unha das mellores bases rítmicas do rock, algo que lles levou a reinterpretar o tema central da serie Mission Impossible. Garda admiración por Elvis Pressley e por Los Ramones.
Dave Evans, coñecido coma The Edge naceu preto de Londres en 1961 pero o ano seguinte a súa familia trasladouse a Dublín. Foi Bono quen o rebautizou como The Edge polo seu carácter frío e distante. The Edge é considerado como un guitarrista experimental, obsesionado co son da súa guitarra. Tamén cantou nalgun tema da banda "Van Diemen´s Land" e "Numb". Os seus gustos musicales son moi eclécticos e se hai que destacar a algún músico en concreto ese é Neil Young.
Adam Clayton, nado o 13 de marzo de 1960 en Oxfordshire, Reino Unido.Tiña un baixo eléctrico e aínda que non sabía tocalo facilitoulle a entrada no grupo embrionario de U2 (Feedback). É o membro do grupo que máis viviu os excesos do rock. A súa afición o alcohol e as drogas brandas a piques estivo de acabar co grupo no ano 1989. Estes excesos tiveron gran repercusión cando non compareceu no primeiro concerto que U2 daba en Sidney dentro da xira Zooropa e tivo que ser sustituido polo seu inxeñeiro de son. Considerado coma un dos mellores baixos do mundo, tamén foi coñecido o ser obxetivo das revistas do corazón cando mantivo un soado romance con Naomi Campbell.


martes, 11 de decembro de 2007

Sábado 8 de decembro

Bastante xente en Melide co motivo da Ponte da Constitución aínda que menos que outros anos por estas datas. A crise económica notase... Li, Pazitos, Nando e eu no Kemais
Nando levantando a Borja no aire e Li poñéndolle os cornos.

Borja, Eu, Li, Nando e Pazitos no KM. Un quinteto bon!


Nando nunha imaxe total: SÚBELO!



Pichi (asfixiado), Nando e eu na Palladium as mil quinientas da mañán.




Mércores 5 de decembro, unha noite tranquila

O mércores 5 de decembro saimos a tomar algo ata Melide 5 aventureiros: Álvaro, O Muxico, Nando, Truke e eu. Foi unha noite tranquila pois non había moita xente pero a verdade e que aínda nos rimos. Todos tiñamos o día simpático. De dereita a esquerda: Truke, O Muxico, Álvaro e eu en "petit comité"
A Xeración do 78 sempre presente

Nando e eu facendo o tonto diante da cámara (qué raro)


Alberto e Mary do Kemais conmigo, un local no que nos fan sentir coma na nosa propia casa.



¿Pero qué tipo de setas comeu este persoal?



As dúas fotos son cando menos curiosas. Da primeira foto de Pazitos tomada no Pub Kemais de Melide a segunda de Ramón tomada en La Base o mesmo día tan só van 2 horas de diferencia pero como vedes os dous amosan unha mirada moi parecida. Estarían ceando setas???? e se as cearon, de que tipo eran? velenosas, non velenosas, alucinoxenas..., e que a mirada saltona que teñen non é normal. Haberá que investigar a ver a que foi debido esas miradas fixas e sorprendentes nas que realmente o que dan é medo...
Tamén pode ser que os deslubre o flash...

luns, 10 de decembro de 2007

Xa ven, xa chega, a Selección Galega


Baixo o lema: "o fútbol galego une" presentase este ano a serie de actos relacionados co partido que Galiza (ou Selección Galega, como prefirades) disputará fronte a Camerún o vindeiro 27 de decembro no Estadio de Balaidos en Vigo a partires das 21:00 h.
Este será o 3º partido que xogará a Selección adestrada polo tandem Arsenio Iglesias "o raposo de Arteixo" e Fernando Vázquez logo de que no ano 2005 se enfrontase a bicampeona do mundo Uruguai en San Lázaro (3-2 a prol da nosa Selección) e o ano pasado o rival fose Ecuador con empate a 1 gol do Estadio de Riazor.
Desta volta o rival parece a priori máis forte que os 2 anteriores pois Camerún ademáis de ter a Samuel Eto´o como estrela e bandeira conta con xogadores contrastados a nivel internacional como pode ser o seu porteiro Kameni, Webó, Kome ou Pierre Wome entre outros.
Antes do partido entre a Selección Absoluta de Galiza disputaranse varios partidos de diversas categorías no que compre destacar o debut da Selección de Galiza feminina que terá coma rival a selección de Catalunya a partires das 18:30 horas tamén no Estadio de Balaidos.
Seguro que o Coliseo vigués presentará un gran aspecto, nun partido onde non haberá rivalidades nin capitalismos e si moita festa como ven sendo habitual nestes partidos. Agardemos un gran encontro e que a victoria caia do lado GALEGO.

Felicidades Diego


Onte logo de levantarme e mentres comía puiden ver por La 2 un anaco do partido Livorno 1 - Roma 1. O gol do Livorno foi marcado polo ex-deportivista Diego Tristán que ademáis fixo un bo encontro demostrando que non perdeu a calidade e a chispa que sempre amosou. Eu que me considero un "tristanista" acérrimo e sempre defendin a calidade de Diego a capa e espada estou moi contento de que volte a ser noticia por algo positivo. Penso que Diego aínda ten cousas por aportar o fútbol. Sen ir máis lexos o venres estiven vendo en Youtube un vídeo de goles seus no Depor e caíame a baba pensando en que agora non temos ningún dianteiro que teña a calidade de Diego. Que ben nos viría este ano co mal que o estamos a pasar. As súas conexións con Valerón e Djalminha e os seus desmarques de dianteiro nato xamáis os olvidarei. Así como tampouco olvidarei aquel 2º gol que marcou na final do Centenariazo no Bernabeu na portería onde nos ubicabamos todos os deportivistas e sinalandos a todos bicou o escudo e apretou os puños en sinal de rabia. Case me fai chorar a 650 kilometros da casa todos os afeccioados blanquiazuis por un momento pensamos que estabamos en Riazor, 25.000 almas enmudecimos o Bernabeu e pasamos a historia do fútbol español con ese gol de Diego unido o de Sergio.
Diego Tristán é un futbolista que ou ben che gusta moito ou non che gusta nada, a min encántame...
Toda a sorte do mundo Diego

Directos as Olimpiadas de Tute

O venres quedou claro que o deporte nacional en Sobrado ademáis de andar polos bares, pubs e chiringuitos varios é o tute. Na foto podedes ver a Li, Esteban, Pazitos e eu. Por un lado Li e Esteban, campións do Campionato de Tute que organizou a Comisión de Sobrado 2008 cun premio dotado con 350 €. Da outra banda Pazitos e eu que desta volta gañamos a repesca do citado Campionato e foron 130 € os que nos embolsamos. Ademáis a parella formada por Xelo e Parga quedaron na 2ª posición levandose 180 €.
Polo tanto a foto poderíase titular como Foto de Campións, pesca e repesca (se me permitides a broma).
Como vedes na foto denótanse as caras de cansanzo (son as 06:00 AM) debido o gran esforzo sofrido por ter que tomar copas toda a noite e levar a conta dos tantos, triunfos, etc.
Pois nada, xa nos apremia o próximo campionato que será en Vilariño, a ver que pasa...

venres, 7 de decembro de 2007

Marco Van Basten

Nome Completo: Marcel Van Basten
Apodo: San Marco, O Cisne de Utrecht
Data de Nacemento: 31/10/1964
Lugar de Nacemento: Utrecht (Holanda)
Posición: Dianteiro
Partidos Internacionais: 58
Goles: 24
Ano de debut: 1981
Clube de debut: AFC Ajax Amsterdam
Ano de retiro: 1993
Clube de retiro: A.C. Milan

Falar de Marco Van Basten é falar dun dos mellores dianteiros da historia do fútbol (para min e dos que eu recorde o mellor e de máis calidade). Este xogador holandés deixou abraiada a toda Europa pola elegancia do seu xogo e a súa facilidade para marcar gol. É inolvidable o gol de volea sen ángulo que lle marcou na Final de Euro 88 de Alemaña o porteiro ruso Rinat Dassaev que a postre serviu para que o equipo "oranje" ganase a Eurocopa polo resultado de Holanda 2 - Rusia 0.

Esta é a súa traxectoria:

Debutou os 16 anos na primeira división co Ajax de Amsterdam, procedente da canteira do FC Utrecht, clube da súa cidade natal. No Ajax xogou o longo de 7 anos con Johan Cruyff coma adestrador e gañou 3 Ligas, 3 Copas e unha Recopa de Europa.

Con 23 anos deu o salto o A.C. Milan, equipo no cal se convertiu nunha referencia goleadora en toda Europa. Co equipo "rossoneri" gañou 3 Ligas, 3 Copas de Europa e 2 Copas Intercontinentais. En 6 anos na Serie A marcou 90 goles e foi elexido tres veces o mellor xogador de Europa.

A nivel internacional, xunto a Ruud Gullit e Frank Rijkaard, foi o líder da selección holandesa campeona de Europa de 1998 como xa citei antes. Estes tres xogadores actuaban tamén no Milan e xunto a Franco Baresi e Paolo Maldini (aínda en activo) constituiron unha das etapas máis gloriosas do equipo italiano.

No 1993 unha grave lesión apartouno dos terreos de xogo obligándolle a retirarse con só 29 anos.

No 1999 proclamouselle xunto a Johan Cruyff o mellor futbolista holandés de todos os tempos. No 2004 foi escollido pola UEFA cuarto mellor futbolista europeo de todos os tempos.





Trofeos

2 Mellor Xogador do Mundo FIFA: 1988,1992

3 Mellor Xogador de Europa UEFA: 1989,1990,1992

3 Balón de Ouro: 1988,1989,1992

2 Goleador da Serie A Italiana: 1990,1992

4 Goleador Eredivisie Holandesa: 1984,1985,1986,1987

Elexido Mellor Xogador do Mundo por Magazine World Soccer: 1988,1992

Elexido Mellor Xogador da Liga Holandesa: 1985

Trofeo Bravo o Mellor Xogador Xoven de Europa: 1987

Elexido Mellor Xogador do Mundo por Onze Mondial: 1988,1989

Elexido 2º Mellor Xogador do Mundo por Onze Mondial: 1987,1992

Elexido 12º Mellor Xogador Europeo do Século XX por IFFHS

Elexido 2º Mellor Xogador Holandés do Século XX por IFFHS

Títulos:

- Copas Nacionales:

3 Ligas de Holanda: Ajax de Amsterdam: 1981-82, 1982-83, 1984-85
3 Copas de Holanda: Ajax de Amsterdam: 1982-83, 1985-86, 1986-87
4 Ligas de Italia: A.C: Milan: 1987-88, 1991-92, 1992-93, 1993-94
4 Suprcopas de Italia: A.C. Milan: 1987-88, 1991-92, 1992-93, 1993-94

- Copas Internacionales:

2 Copas Intercontinentales: A.C. Milan: 1989, 1990
3 Copas de Europa: A.C. Milan: 1988-89, 1989-90, 1993-94
3 Supercopas Europa: A.C. Milan: 1989, 1990, 1994

GRANDE MARCO

mércores, 5 de decembro de 2007

O Boi de Segismundo de Pas

Como hoxe é véspera de festivo polo tanto símbolo de festa e diversión vou contar (para quen non o saiba) unha graciosa historia que no transcurso de unha "tranquila" cea fai un par de semanas contou o noso amigo Pichi.
Trátase de dous amigos dunha zona preto a nosa que estaban nun restaurante dos máis luxosos de Madrid e un comentoulle o seu colega: "oye "fulano" a quen se che parece o camarero e o amigo contestoulle:"non sei" o que lle fixera a pregunta chamou o camarero, éste ven a mesa onde estaban os dous amigos e o que fixera a pregunta dille o "fulano",
"a ti este non se che parece o Boi de Segismundo de Pas?".

Esta anécdota fíxonos moita gracia e este último sábado houbo momentos para voltar a recordala.

Polo tanto e coma homenaxe o Boi de Segismundo de Pas eiquí vos deixo unha foto da Festa do Boi de Allariz de este ano 2007.

Se o animal se vos parece a algunha persoa non tedes máis que comunicalo, je je, je.

Pasade voa Ponte (os que a teñades).

Saudos

luns, 3 de decembro de 2007

A Incrible Aparición da Abella Maia


Se algo quedou claro este pasado venres é que o que non lle pase a Comisión de Festas Sobrado 2007 non lle pasa a ninguén. Explícome:
tras aquela memorable festa en Guísamo onde aparecera Lisardito, é dicir, o fillo segredo de Lisardo agora chéganos un miragre moito peor, póñovos en situación:
Data:venres 30 de novembro de 2007
Hora: 01:15 AM
Lugar: coche de Pablo Calvete
Viaxabamos no citado coche o seu dono Pablo Calvete, de copiloto Pablo Pazos "Pazitos", Lisardo e quen vos escribe. De repente no traxecto de Corredoiras a Melide unha intensa luz nos invade dentro do habitáculo do automóvil. De seguido e surxindo da nada unha extrana imaxe marela saiu das alfombras do coche, mirou a Pazitos e Calvete e máis tarde a Lisardo e a min, díxonos que era unha aparición (por un momento creimos estar borrachos, pero non, a esa hora era case imposible que o estivésemos..., ou si?) o caso é que dixo que nos ía traer sorte a un de nós polo que podíamos pedir un desexo, pero só un, e o elexido foi... PAZITOS, como non. Pazitos pediu o desexo e gardouno en segredo.
O sábado pola noite dímonos conta de cal fora o desexo: ter un éxito rotundo coas mulleres, e así foi, o sábado triunfou, lévaba un sorriso para a casa que non podía con él. Está que se sae últimamente, él di que foi o "gabán" co que saiu o sábado que lle dou sorte pero Calvete, Li e eu sabemos que foi a Abella Maia a que lle proporcionou tal situación.
Nada Pazitos tío, leva a Abella o Bingo a ver se tes sorte e te sacas unhas pelas..., je je je.
EN UN PAÍS MULTICOLOR...

venres, 30 de novembro de 2007

O 42% dos lectores de este blog non beben cando saen

É dicir, que o outro 58% si que o fai. O menos eses son os datos que se recollen da enquisa do mes de novembro neste blog onde se preguntaba os lectores que bebían cando saían de marcha.
Quero dar as grazas a toda a xente que votou (os que mentiron e os que non, je je) pois este mes acadouse o record de 69 votos.
A xente que sae e non bebe alcohol acadou o 42% dos votos totais, o Ron foi a bebida alcoholica máis votada co 15%, seguido do Kalimotxo co 13%, o cuarto lugar ocupouno o Whisky co 10% e o quinto unha bebida alcohólica bastante común: a Cervexa co 7%.

Grazas de novo a tod@s por participar

Saudiños

xoves, 29 de novembro de 2007

Nace CRONICASX

Dende onte xa esta na rede un novo blog. A súa dirección é www.atleticosobrado.blogspot.com nel poderededes atopar todas as crónicas dos encontros das diversas seccións do Atlético Sobrado Xuventude, así coma fotos relacionadas con cada partido, diversos datos, entrevistas, etc.
Terei o honor de redactar as andanzas dos equipos xuvenís, feminino e senior do C.A.S.X. Agardo que disfrutedes do blog e que serva para que estedes un pouco máis informados sobor do noso equipo.

SENTE A PASIÓN MARELA

FORZA C.A.S.X.

mércores, 28 de novembro de 2007

SÚBELO!


Como afeccioado a música en xeral e o Dance en particular hoxe quérovos recomendar un disco que acaba de sair e que eu dende o venres xa teño. Estaba agardando por él coma auga de maio e tras preguntar no Corte Inglés unha e mil veces o fin saiu.
Trátase do recopilatorio de Sash!. Un disco que non ten desperdicio, con infinidade de cancións Dance moi boas e que seguro que moitos de vos bailastes unha e mil veces.
Debo dicir que Sash! compoñeno 3 persoas: Ralf Kappmeier, Thomas Alisson e Sascha Lappersen (a cara do grupo), os 3 compoñen a música e fan as letras. Rodeados de grandes voces coma Shannon, a gran Tina Cousins, Rodríguez, o sueco Dr. Alban, Sarah Brightman ou o incombustible Boy George fixeron historia na música Dance mundial. Cancións coma Ecuador, Encore Une Fois, Stay, La Primavera, Adelante, Move Mania, With My Own Eyes e a mellor canción da historia da música de Dance para o meu gusto Mysterious Times son xa himnos.
Sash! toma o nome do Dj. Sascha Lappersen, este alemán nado en Nettertal no 1970 revolucionou a música electrónica facéndolle remixes a xente tan importante coma Jean Michael Jarre, Kylie Minogue, Shannon, 2 Unlimited, Todd Terry ou O.M.D.
O disco titúlase "Sash! 10th Anniversary" e recolle as andainas de este grupo alemán dende o ano 1997 ata o 2007, componse de 20 cancións, con unha versión de Ecuador "bestial" (canción número 15) e aporta tamén un DVD onde se poden ver infinidade de fotos e videos de Sash!
Recoméndovolo a xente que vos guste a música de baile pois é un disco que non pode faltar na fonoteca de calquer amante "discotequeiro" e da música electrónica. Seguro que a maioría das cancións vos soarán.
Se queredes saber máis sobre Sash!, ver videos, escoitar música, mercar os seus discos e incluso camisetas moi, pero que moi guapas entrade na súa web oficial www.sashworld.com seguro que vos entusiasma.
Para o meu gusto a mellor formación da historia do Dance xunto os holandeses 2 Unlimited.
A disfrutar

martes, 27 de novembro de 2007

A Comisión Sobrado 2007 de cea

Víctor Cabanas
Pablo Calvete
Lisardo Santos
Javier Lago
Pablo Pazos
Manolo Amil
Eiquí nos tedes os 6 membros da Comisión Sobrado 2007 na Marisquería El 10 de A Coruña o pasado sábado 24 de novembro.
Tras finalizar o noso traballo como membros da Comisión tivemos a ben celebrar unha merecida cena logo de un longo ano de traballo e comeduras de cabeza.
Temos miles de anécdotas e moitas moitas fotos. Tras cear saimos polo Orzán e encontramos a multitude de peña coñecida: Cris, Nishita, Pali (Sobrado Power) e Grandío (afincado de Sobrado nas festas e celebracións), Patri e Lucía de Cabrui, Gonzalo e Javi Ramal de Teixeiro, Elena de Curtis e como non 2 famosos: no Tandem Bar estaban Adrián López e Filipe Luis do Real Club Deportivo o primeiro non estaba convocado e o brasileiro estaba sancionado para o partido do domingo fronte o Athletic.
A verdade é que mo pasei de cine (aínda así votei un pouquiño de menos Melide -pola costumbre e tal...-), non durmimos nada e chegamos o hotel as 11 co tempo xusto para ducharnos (eu desayunei na habitación un Kit Kat e unha Calsberg, je je).
Máis tarde fumos comer e viñemos para Sobrado, nada máis chegar metinme na cama e durmin unha sesta de 3 horas que boa falta me facía.
Queremos agradecer unha vez máis a tod@s @s que fixestes posible que as festas de Sobrado 2007 sairan adiante, todo o apoio moral e económico que nos distes o longo de este ano. Xa sabemos que incluso chegamos a ser pesados pedindo pasta pero penso que mereceu a pena.
GRAZAS

xoves, 22 de novembro de 2007

V


Bos días. Se hai unha serie que cando era pequeniño me impactou esa foi V. Era unha serie que me encantaba pero a vez me daba medo. Recordaredes a malvada Diana (na foto), o periodista Mike Donovan ou a Doctora Juli Parrish. Nesa época compraba Tele Indiscreta todas as semanas porque traía infinidade de cousas e reportaxes de V. Aínda me lembro unha vez que traía de regalo unha pistola de cartón coma que utilizaban os extraterrestres e fíxome unha ilusión que non vexas.
Esta é unha pequena sinopse da serie:
Extraterrestres humanoides (de apareciencia prácticamente humana) chegan a Terra dende o cuarto planeta de estrela Sirio nunha flota de enormes platiños voadores que "aparcan" sobor as principais cidades do mundo. Parecen ser amigables e buscan a axuda dos seres humáns para obter certos productos químicos que necesitan no seu propio planeta. A cambio, prometen compartir a súa avanzada tecnoloxía cos seres humans. Os gobernos do mundo aceptan, e os Visitantes gañan unha gran influencia nas máis altas esferas do poder do mundo.
Sen embargo, rápidamente comezan a pasar cousas raras, por exemplo algúns científicos comezan a encontrar hostilidade de parte dos medios de comunicación e restriccións legais nas suas actividades e movementos. Algúns dos máis afamados homes de ciencia comezan a orientarse cara prácticas subversivas e conductas extranas, como repentinamente voltarse zurdos cando toda a súa vida foron destros. Aqueles que investigan esta situación desaparecen sen deixar rastro.
O periodista Michael Donovan introdúcese na nave nodriza dos Visitantes e descobre que debaixo do seu disfraz humanoide, os extraterrestres son reptís de preferencias carnívoras, con gusto marcado por roedores, aves e en ocasións tarántulas.
Cando Donovan trata de denunciar esta situación, a transmisión é bloqueada e Donovan convertese en fuxitivo requerido tanto pola policía como polos visitantes.
Conforme a serie avanza, revelanse as verdadeiras intencións dos visitantes: roubar toda a auga da terra e colleitar a humanidade coma fonte de alimento, deixando só uns poucos como esclavos e soldados/carne de cañón para as guerras que os visitantes teñen con outras razas extraterrestres.
Os científicos son perseguidos para desacreditalos, pois son os que probablemente se darían conta primeiro das intencións dos visitantes, aínda que tamén para distraer a atención humana cara a outros asuntos. Incluso algunhas personalidades importantes son suxeitas a unha especie de lavado de cerebro (chamado "conversión"), a cal fai que teñan obediencia total cara os Visitantes, aínda que a humanidade non perciba os "pequenos" cambios que esto implica na xente sofre o proceso (por exemplo, cambiar de destro a zurdo). No obstante, hay moitos humans (a propia nai de Donovan entre eles) que colaboran cos visitantes, o que voluntariamente ignoran ou rexeitan a verdade subxacente.
Sen embargo, fórmase un movemento de resistencia, determinado a expoñer e oporse os Visitantes ata donde lles sexa posible. A líder do Capítulo de Os Anxeles é a Dra. Julie Parish; eventualmente Donovan únese a este grupo. A Resistencia comeza a atacar os Visitantes. Posteriormente surxe disidencia entre os mesmos Visitantes (este grupo coñecerase coma a Quinta Columna, liderada por Martin), quenes se opoñpen os plans dos da súa propia raza, e intentan axudar a Resistencia de calqueira maneira posible.

Para min a serie só tiña un pequeno-gran problema, non soportaba cando os extraterrestres comían os ratos e cando quitaban a pel de humano e víaselles a súa verdadeira pel: unha pel verde noxenta que dabame grima.
Polo demáis a min a serie encantoume.

mércores, 21 de novembro de 2007

Ata cando vai seguir subindo o carburante?


Dende hai un tempo a esta parte cada vez que vou repostar a calqueira Estación de Servicio póñome de mala uva debido o abusivo dos prezos que teñen os carburantes pero onte xa foi a gota que colmou o vaso...
Cheguei de traballar e comentame miña nai que viñeron encher o depósito da caldeira da calefacción, e que o prezo era auténticamente bestial. Hai agora mesmo un ano o litro de gasoil de calefacción custaba 0,60 €, onte miña nai pagou o litro a 0,73 €, é dicir, un incremento de 0,13 € nun ano, multiplicado por 800 litros que foi o combustible que entrou na caldeira da un resultado de 104 € máis caro encher o depósito que o ano pasado.
Pero esto non acaba eiquí, pola tarde vou votar gasoil o meu coche e encóntrome coa agradable sorpresa de que o litro de diesel está a 1,061 €, QUE ATRACO! A onde imos chegar? 1 litro de gasoil 176 das antigas pesetas.
Votei 20 euriños= 18,85 litros (NIN 20 LITROS), como me fastidia que nos tomen por tontos. Agora cando os profesionais do transporte fagan outra manifestación e outro parón voltarano a baixar a 0,91 ou 0,92 céntimos para que calemos a boca unha tempada e irano incrementando outra vez. Logo dirán que sobe porque o prezo do barril de petroleo subiu (en dolares, unha moeda máis baixa ca o euro) e tal...
Se a esto lle incrementamos a salvaxe subida do prezo da carne de polo, do leite, do aceite e do pan (productos de primeira necesidade) e os salarios dos traballadores non soben, a onde imos chegar? a onde nos vai levar todo esto? Non sei, pinta moi mal e a crise económica cada vez é máis grave.
AFORREMOS...

Faite de ouro co Club Atlético Sobrado Xuventude


O Club Atlético Sobrado Xuventude ten a venda dende o mes de agosto o número 02345 para o Sorteo Extraordinario de Nadal que se celebrará o vindeiro 22 de decembro.

Temos décimos o prezo de 20 + 3 € e participacións a 4 + 1 €.
Animadevos a mercala antes de que se esgote.

Recordade: 02345 é o número do Gordo de Nadal que cantarán os nenos de San Ildefonso no sorteo de este ano.

ESTE ANO FAITE DE OURO CO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE

luns, 19 de novembro de 2007

CHAMPIONS!!!

Xa o avisei o venres e cumprino. Pazitos e quen vos escribe GAÑAMOS O CAMPIONATO DE TUTE, XUVENTUDE TEIXEIRO 2008 (aínda que a estas alturas pouca xente hai que non o saiba porque Pazitos encargouse de dicirllo a cada un que vía, je je).
Embolsámonos 300 € e un trofeo moi guapo que xa adorna o moble da sala da miña casa.
Para o vindeiro venres iremos xogar o Campionato de Tute da Comisión de Festas de Cabrui (Mesía), coa vitola de ser os campións deste campionato que pasou polo que seremos uns dos serios candidatos a levarnos outros 300 euriños, que veñen ben agora que se achega o Nadal.
Se gañamos este campionato, Pazitos e eu pensarémonos seriamente deixar os nosos traballos e adicarnos profesionalmente o mundo do Naipe. O resultado do Campionato de Teixeiro non deixa lugar as dúbidas de que machacamos os nosos rivais: xogamos 5 partidas (dezaseisavos, oitavos, cuartos, semifinal e final), ningunha parella nos gañou ningunha man de 8 puntos, é dicir, GLOBAL DE 10-0, fixemos seis partidas limpas, e unha de 3. En definitiva XOGAMOS MOITO E APAÑAMOS MÁIS AÍNDA. Estuvo ben.
O sábado houbo unha cea moi moi dura cuns comensais que daban medo só pensar nos seus nomes: Trukillo, Abad, Calvete, Lisardo, Pazitos, Borja, Pichi, Álvaro e eu. Houbo cubatas para dar e tomar, e gastamos pista polos pubs de Melide, este foi o resultado: Kemais (4), La Base (1), Oasis (2), Laicus (1), Palladium (1 ou 2, non me lembro) e MJ (auga), sumado o viño e os chupitos da cea, xa non estivo moi mal. Eu sei de un que aínda ten a cazadora no meu coche (olvidouna, je je).
Do sábado para o domingo durmin 1 hora e cuarto e baixei para a I Feira Agrogandeira cunha empanada mental moi importante. Facía un frio de mil demonios e por momentos desexaba deitarme no chan para durmir un anaco (se non estivese tan frío...), hai que dicir que a pesares do frío e ser a primeira edición houbo un volume de xente bastante aceptable, tendo en conta que tamén había feira en Teixeiro e o Terractiva de Arzúa.
Nada máis acabar a Feira, as 14:30 horas, comezou a chover (bendita choiva), fun comer, fixen unha siesta de 2 horas e camiño de Santiago, hoxe levanteime as 6:20 horas e eiquí estou.
Destacar tamén as 2 grandes victorias que acadou o C.A.S.X. esta fin de semana, as féminas gañaron 2-1 o Boqueixon F.S., goles de María e Tamara (golazo de vaselina) e o equipo senior gañou 2-3 no seu desplazamento o feudo do San Estevo de Abellá con goles de Juan (2) e Chinorris (de córner directo). Debido a que o enganche da Deputación non me permite escribir no foro do C.A.S.X. ando meditando a opción de crear un blog para facer as crónicas da Makina Amarilla.
Noraboa e a seguir así.
Nada máis que teñades un bo comezo de semana.
Bicos e abrazos.

venres, 16 de novembro de 2007

Descubrimos a Star Wars


Nunha semana onde o Rei mandou calar a Hugo Chávez, onde Melendi a liou no avión que viaxaba o presidente do Real Madrid Ramón Calderón, onde a Infanta Elena e Jaimito de Marichalar se separarón (de xeito temporal, seica) é dicir, onde o mundo cada día parécese máis a unha historieta de El Jueves; o blog de Víctor Lato ten o pracer de descubrirvos a incógnita que mantiña en vilo a toda a comunidade: Star Wars é J.R., é dicir, José Ramón "alías" Petete.
Eiquí o podedes observar coa súa tupida perilliña, coidada para a ocasión, dándolle un toque Buenafuente.
Agora esa perilla xa non existe pois o rapaz vaise meter gaiteiro e molestalle para soplar.
Pois nada, sólo desexarvos un bo fin de semana, eu pola miña parte hoxe teño que ir gañar 300 € o Campionato de Tute de Teixeiro e mañá cea baile con alguns personaxes para conmemorar un Aniversario de non sei que historia..., je je je.
Coidarse

martes, 13 de novembro de 2007

A min, ponme un Godello


Bos días (malos para os supersticiosos). Hoxe vou promocionar unha varidade de viño que se produce en maior cantidade na Comarca de Valdeorras (Ourense) e no Bierzo (León), o viño Godello.
Cando hai algunha celebración especial ou vou de viños por ahí é sempre o primeiro que pido: a min, ponme un Godello, certo é que como en todas as variedades de viño hainos bos e hainos malos, pero por regla xeral soeme gustar o sabor que ten este viño blanco.
Godello: variedade de uva branca orixinaria nas ladeiras do río Sil, cultivase principalmente en Valdeorras e o Bierzo.
Adaptada a chan seco, non lle favorecen os chans húmidos. A mellor calidade dase en chans de ladeira de fertilidade media.
Variedade precoz e de maduración moi determinada.
O racimo é moi pequeno, de forma cónica.
A baia é de tamaño mediano, forma elíptica e color verde-marela.
Os seus viños acadan unha graduación de 11,5 a 12,5 º e acidez reducida. Son de color marelo-pallizo, perfumados, duradeiros no tempo, evolucionando lentamente e con gran corpo. Os seur aromas recordan a mazá.
Polo tanto, se ides a tomar un viño e non sabedes que pedir, decide: a min, ponme un Godello.
Saudiños

luns, 12 de novembro de 2007

Felicidades Mamá!

Hoxe é un día moi especial para a miña familia e para min. Miña nai, a muller que máis me aturou na miña vida está de cumpreanos (51 exactamente). A verdade é que a pesares de ser o seu cumpre tocalle traballar coma todos os días e as 7:30 AM xa estaba levantada, desaiunando e pensando que tiña moito traballo agora pola mañan, que se o vestido de non sei quen, unha chaqueta que tiña que entregar o venres..., en fin, que non para, todo esto preguntándome a vez que tal mo pasara o sábado en Melide e estas cousas...
Gustaríame moito facerlle un regalo moi especial: regalarlle un concerto da Orquestra Panorama, que lle encanta (todo se hereda, je je) pero como non poder ser posible pois diante da miña casa non colle o esceario, decidín tirar de xoieiría unha vez máis, que se lle vai facer.
Facía tempo que lle quería adicar un post, e hoxe chegou ese momento, como dicía o chiste de Jaimito: "Madre, solo hay una", je je je.

MOITAS FELICIDADES MAMÁ

venres, 9 de novembro de 2007

Lubo Penev Vs. Tony Polster




Imos retornar o pasado. Os tempos onde os domingos era sinónimo de radio, de Estudio Estadio e de En Xogo. Onde aprendimos nas noites dos sábados a decir "a rentes do pao", "padiola mecánica" e mil historias máis. Voltamos a un tempo onde os xogadores extranxeiros (antes de chegada da lei Bosman) marcaban a diferencia. Os equipos tiñas 3 extranxeiros (pero que xogadorazos). Desgraciadamente, agora vense equipos con infinidade de extranxeiros que non melloran a calidade que pode aportar xente nacional, incluida a canteira. Aínda recordo a vergonzosa andadura do Hércules de Alacante a última vez que estivo en Primeira División con 19 extranxeiros de medio pelo nas súas filas, un equipo no cal a estrela era o seu porteiro francés Huard (que en comparativa podía ser coma Peter Rufai no Deportivo) e o central Dubravko Pavlicic (que posteriormente recalaría no Zaragoza e no Salamanca).
Pero bueno o que nos ocupa é outra historia, finais dos anos 80 e principios e mediados dos 90, dianteiros impresionantes: Tony Polster (Sevilla), Lubo Penev (Valencia), Rubén Sosa (Zaragoza), Hugo Sánchez (Real Madrid), Gary Lineker (Barcelona), Baltazar (Atlético de Madrid)...
Xogadores capaces eles solos de gañar un partido nunha época onde R. Madrid e F.C. Barcelona estaban a anos luz dos outros equipos, onde o Valencia aínda non era o Valencia de hoxe en día, o Sevilla nin por asomo era o firmamento de estrelas que ten hoxe en día e onde o Zaragoza era un equipo que de vez en cando se metía na Copa da Uefa ou na antiga Recopa de Europa, do Deportivo e do Villarreal xa nin falamos porque o Deportivo vagaba pola Segunda División e o Villarreal debatiase entre a 2ªB e a 3ª.
Pois ben, nesa época houbo dous dianteiros que sempre me chamaron a atención e eran dous futbolistas idolotrados para min (quizais por ser zurdos coma o que vos escribe, ou polo seu disparo potentísimo, unha característica que sempre me gustou nos futbolistas: Branco, Gica Hagi, Santi Aragón..., Adriano actualmente).
Antón Polster, austriaco, nado o 10 de marzo de 1964, a súa andadura comezou no Austria de Viena e rematou no Austria Salzburgo, esta é a súa traxectoria:
Austria Viena 1982 a 1987
Torino 1987/1988
Sevilla 1988 a 1991
Logroñés 1991/1992
Rayo Vallecano 1992/1993
FC Colonia 1993 a 1998
Borussia Mönchengladbach 1998 a 2000
Austria Salzburgo 2000
A súa época gloriosa tivoa coma xogador do Sevilla, no que tan só estivo 3 temporadas, quedou Bota de Prata europeo con 33 goles por detrás de Hugo Sánchez (38 goles), nun equipo que todo xiraba entorno a él. Diferenzas co técnico do equipo hispalense nese momento Vicente Cantatore fixo que rexeitase unha oferta de renovación e que deixase o "pescaito frito" andaluz polo "Rioja", recalando nas filas dun potente Logroñés C.F., con Ruggeri, Poyatos, Quique Romero, "Tato" Abadía, Lopetegui, etc.
Luboslav Mladenov Penev, búlgaro, nado o 31 de agosto de 1966, comezou a súa carreira profesional no CSKA de Sofía e retirouse no Lokomotiv Plovdiv, a súa traxectoria é a que segue:
CSKA Sofía 1984 a 1989
Valencia C.F. 1989 a 1995
Atlético de Madrid 1995/1996
S.D. Compostela 1996/1998
Celta de Vigo 1998/1999
Lokomotiv Plovdiv 1999/2001
Dous dianteiros que deixaron "cuño" na Liga Española, atacantes que son referentes dun equipo e dos que agora escasean, será pola "globalización do fútbol? non sei, o certo e que recordo esa etapa con unha morriña especial e seguro que moitos dos que ledes este post traeravos a lembranza infinidade de partidos, de momentos e de sentimentos...
A disfrutar!

martes, 6 de novembro de 2007

Tyra Banks, a Deusa



Non sei se pola súa pel tostada, os seus incribles ollazos verdes ou todo o conxunto pero dende a primeira vez que vin a esta impresionante muller en "El Principe de Bel-Air" de Antena 3 xa fai uns aniños tiveno ben claro: para min, A MULLER MÁIS GUAPA DO MUNDO.

Máis adiante souben que se convertera nunha cotizada Top Model e é unha das abandeiradas da prestixiosa marca de lencería feminina Victoria´s Secret. Actualmente ten un programa televisivo nos Estados Unidos "The Tyra´s Show" e é que esta beleza é unha maquina de facer cartos.

Supoño que haberá infinidade de gustos, que para outra xente haberá miles de tias máis guapas pero para min foi, é e será a Number 1.


Se queredes saber máis sobre os gustos, a vida, anécdotas e ver fotos guapísimas de esta beleza entrade na súa web oficial www.tyrabanks.com (tarda un pouco en cargar pero merece a pena).


God Save The Queen... Tyra